|
||||||||||||||
|
||||||||||||||
A dispersión é un modelo alleo á tradición europea. |
![]() |
|||||||||||||
2. A REIVINDICACIÓN DA CIDADE COMPACTA FRONTE A FRAGMENTACIÓN E A DISPERSIÓN. O neoliberalismo implícito a todo o proceso conleva a aceptación acrítica da lei do mercado, a desregulación do planeamento (Dto. 4/1999) e a desprogramación (Lei do solo de Galicia, 1997). A consecuencia máis visíbel é a fragmentación do urbano en paquetes (residenciais, industriais, terciarios) cunha ubicación, forma e tamaño que quedan a expensas da iniciativa e da capacidade económica e de xestión do operador inmobiliario privado convertido no auténtico factotum do proceso de construcción de espacio utbano. Esquécese a sempre desexable continuidade dos tecidos urbanos con vistas á procura dunha maior eficiencia do sistema nos seus diferentes sectores (residencia, traballo, equipamentos, infraestructuras viarias, transporte, redes de abastecemento de auga, gas, electricidade, teléfono, internet...). Urbanizacións residenciais convertidas en barrios dormitorios, polígonos industriais, parques tecnolóxicos e empresariais, cidades universitatias... emprázanse separados varios quilómetros entre si e das áreas urbanas consolidadas, sen ter en conta as consecuencias a soportar. Os cidadáns quedan convertidos en elementos dependentes da mobilidade motorizada, un modelo que marxina aos que carecen do vehículo privado (poboación inactiva, anciáns, nenos e mulleres). A natureza ocúpase de forma aleatoria e indiscriminada ao modo dunha metástase canceríxena que deixa nos amplos intersticios grandes superficies de antigos terreos agrícolas abandonados durante anos á espera da iniciativa do momento. A necesidade dunha certa concentración e densidade urbana, a continuidade na fábrica urbana pasa pola aposta polo Modelo Urbano Europeo de Cidade Compacta fronte ao modelo americano do "sprawl". O planeamento sostíbel do territorio debe rexeitar a expansión ftagmentaria do "urbano" e auspiciar a reconquista da identidade e da cultura cívica a partir da revalorización do territorio e da cidade existente. Na cidade compacta a proximidade espacial de residencia-traballo-equipamentos-servicios optimiza socialmente os investimentos, facilita a cualificación e a utilización do espacio público, evita a ocupación indiscrimina da das zonas naturais e permite unha organización eficaz do transporte público.
3. AUTONOMÍA: ESTRUCTURA URBANÍSTICA E DEPENDENCIA FUNCIONAL. Pola contra, o modelo urbanístico dominante que subxace na propia lexislación urbanística é portador da fragmentación do espacio urbano, conducindo aos novos agregados urbanos de carácter monofuncional (uso exclusivamente residencial, industrial, ou terciario) a unha dependencia a todos os niveis que os volven facilmente vulnerábeis, e polo tanto mais incapaces de valerse por si mesmos tanto no cotián como nos casos de conflicto ou tensión. Esta situación crea un escenario favorecedor de iniciativas que tenden a pechar aínda máis os enclaves unidimensionais que teñen na súa insularidade o talón de Aquiles coa súa monofuncionalidade, conducíndoos co tempo a converterse en "ghettos" sempre temerosos das iniciativas de integración, da mestura e da interferencia, calidades estas específicas que caracterizan os mellores exemplos da cultura urbanística europea. A fragmentación conduce á segregación social, a especialización funcional e á atomización espacial, síntomas fronte aos que é preciso instrumentar unha nova política urbanística favorecedora da integración, da complexidade funcional e da contigüidade espacial.
4. DIVERSIDADE SOCIAL. O actual modelo asume a segregación social como pauta, a segregación como patrón básico de organización das estructuras sociolóxico-espaciais. Segregación social e exclusión presente nas "modélicas" urbanizacións residenciais de adosados das periferias de Santiago, A Coruña, Vigo, Ferrol... nas que o manexo dun limitado número de tipos edificatorios por conveniencia do proceso constructivo, conduce a unha homoxeneidade social no seu interior baseada exclusivamente no parámetro do nivel de renda esixible para acceder á vivenda e polo tanto aos servicios e equipamentos existentes no interior do fragmento. A obrigatoriedade de promoción de vivenda social (o 10% do aproveitamento urbanístico) é escamoteada polos concellos que se aprestan a vender en subhasta pública ao mellor postor terreos que de acordo co espírito e a letra da lexislación urbanística (Lei 8/1990) están destinados a "...incrementar os patrimonios públicos de solo en medida suficiente para incidir na regulación do mercado inmobiliario ou para adscribir superficies de solo urbanizábel á construcción de vivendas de protección oficial". Frear a segregación social nos barrios e nos propios edificios, potenciar a diversidade social nas novas urbanizacións debe ser un criterio fundamental irrenunciábel para un urbanismo progresista.
|
||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||
Santiago
e o seu contorno. Asentamento e infraestruturas . |
||||||||||||||
5. MULTIFUNCIONALIDADE. A especialización funcional herdeira dunha aplicación a ultranza dos principios da primeira época dos Congresos lnternacionais de Arquitectura Modema, exclúe a diversidade e complexidade urbana na que vivenda, comercio, traballo e equipamentos públicos comparten espacio cos beneficiosos efectos derivados da superposición de usos. A multifuncionalidade, mestura de funcións fai posíbel o equilibrio e a recuperación dunha escala humana entre vivenda, traballo, servicios e equipamentos favorecendo a optimización do uso do espacio, facilitando o control e potenciación dos desprazamentos peonís ao reducir as distancias entre vivenda-traballo-equipamentos, posibilitando o respecto e a preservación das zonas naturais, a conservación do solo dedicado a actividades agrícolas e forestais así como as zonas verdes destinadas ao ocio.
6. SELECCIÓN COIDADOSA DOS ENCLAVES A URBANIZAR. A selección coidadosa das áreas a urbanizar á escala á que se está a producir o fenómeno urbano debe rematar coa actual atomización da actividade urbanizadora e edificatoria, impulsada nos diferentes Plans de Urbanismo polas Administracións Municipais. E o tamaño da empresa promotora-inmobiliaria, os seus medios económicos, ou a superficie da parcela dispoñíbel o factor determinante á hora de delimitar un sector urbanizábel, un polígono de execución ou o ámbito dun convenio urbanístico. |
||||||||||||||
![]() |
As peonalizacións desconxestionan o viario municipal. Na imaxe centro de Pontevedra. | |||||||||||||
Nun país como Galicia, cos índices de crecemento poboacional máis baixos de Europa, sen a penas crecemento demográfico, a localización dos solos urbanos a desenvolver, ou dos terreos susceptíbeis de urbanizar no interior das novas "aglomeracións urbanas", debe de formularse alí onde realmente sexa necesario, buscando a eficacia e a competencia do sistema urbano nun mundo no que a ineficencia do sistema penaliza diariamente aos cidadáns e provoca o desprazamento das actividades económicas a zonas nas que un bo deseño das estructuras urbanas ofrezan unha maior garantía de eficacia e de rendibilidade social e económica. Neste sentido é inadmisíbel a actitude xeneralizada de dispor os paquetes de urbanizacións destinadas a centenares de vivendas "enchufadas" nun punto á rede viaria de carácter local ou comarcal sen ter previsto altemativas aos problemas de tráfico que se xeran. Esta disposición favorece a privatización "de facto" das rúas internas para uso exclusivo dos residentes, illándoas do resto da cidade nun camiño que conduce ás "gated communities" (urbanizacións pechadas con acceso controlado), bloqueando a maioría das veces de forma intencionada a posibilidade de crear viarios alternativos que desconxestionen o viario principal.
7. A REDUCCIÓN DO TRANSPORTE. Unha sociedade que ten no vehículo motorizado unha das causas fundamentais das transformacións urbanas habidas nos últimos trinta anos, debería poñer o seu uso racional no punto de mira das políticas e accións a emprender que permitan avanzar cara un urbanismo sostíbel. Fronte aos discursos oficiais con hipócritas chamadas a "un día sen coche" e á utilización do transporte público, as propostas urbanas debuxadas polas mesmas institucións nos Plans Municipais de Urbanismo son inconcibibles á marxe do automóbil privado. A clasificación indiscriminada e fragmentaria do solo urbano e urbanizábel á escala das aglomeracións urbanas, fai inviábel calquera opción baseada nunha rede eficiente de transporte público, que precisa un certo grado de densidade de poboación, de compactidade da estructura urbana en definitiva de racionalidade urbanística na relación vivenda-traballo-equipamentos–infraestructuras que a teor dos documentos urbanísticos vixentes está moi lonxe das preocupacións dos responsábeis. Son as irresponsábeis políticas urbanísticas municipais as que están incentivando o uso do automóbil privado coas múltiples urbanizacións residenciais situadas a varios quilómetros das áreas de traballo, coa súas iniciativas de impulsar polígonos industriais, parques tecnolóxicos ou campus universitarios no medio dos montes, nos solos máis baratos, que acaban por penalizar ao cidadán usuario que terá que asumir diariamente do seu peto "a ganga" conseguida na adquisición do solo. Todo esto nun país como Galicia no que o prezo da gasolina resulta ser das máis caras do Estado mentres as rendas das familias galegas e as pensións contributivas sitúanse entre as máis baixas. Reducir o transporte e, polo tanto, reducir o consumo enerxético aliviando ao cidadán da sangría diaria en gastos de combustíbel pasa pola diminución da mobilidade cautiva do usuario privado, propiciando, a partir de políticas urbanísticas de profundo calado a medio e a longo prazo, a recuperación da escala humana das cidades. Os principios de diversidade funcional, continuidade dos tecidos, proximidade... deben partir do rexeitamento a propostas de espacios descontinuos e monofuncionais xeradores de desprazamentos e de conflictos que descarga sobre o cidadán e a súa familia os custos destinados ao transporte que se multiplican en detrimento do investimento familiar en actividades de formación cultural, especialización profesional, relacións sociais... en definitiva calidade de vida.
|
||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||
Trama
urbana dos arredores da Coruña . |
||||||||||||||
8. PROXIMIDADE E AUTOORGANIZACIÓN: O PAPEL DOS EQUIPAMENTOS PÚBLICOS. A continuidade dos tecidos urbanos, a súa diversidade funcional e a reducción dos desprazamentos compleméntanse nun Urbanismo Sostíbel co principio de proximidade e autoorganización no que os equipamentos públicos e colectivos xogan un papel estructurante e de cohesión social. Este papel dos equipamentos como elementos de cohesión social nas diferentes escalas urbanas xa fora enunciado na "Neighborhood unit" de Clarence Perry e desenvolvido por Henry Wright para os traballos do Regional Planning de Nova York na década dos anos vinte e incorporado nos anos cincuenta ao debate do VIII CIAM sobre "o corazón da cidade", como pezas fundamentais para a consecución dunha cidade equilibrada, igualitaria e máis equitativa. De aí a importancia dun correcto emprazamento co obxecto de servir non só para reducir a necesidade do transporte (¡pensemos no absurdo de centos de autobuses escolares recorrendo todos os días as rúas de cidades e vilas, facendo decenas de quilómetros polas pistas e as estradas do mundo rural!), senón tamén polo seu papel de elementos de integración e cohesión social polo seu papel nucleador de iniciativas culturais destinadas ao conxunto da poboación. A ubicación dos equipamentos públicos en áreas marxinais, nos peores terreos, nas zonas de maiores dificultades topográficas, en lugares distantes en terreos rústicos alonxados dos núcleos, cando non "privatizados" de facto pola súa peculiar disposición no interior das novas urbanizacións, son oportunidades perdidas que non poden aceptarse por parte das administracións públicas implicadas no planeamento. Non só se trata de cumprir os estándares de dotacións fixados na lexislación urbanística. A eficiencia dos equipamentos, a súa rendibilidade social e económica, o papel simbólico na conformación da nova orde urbana e territorial son retos irrenunciábeis na construcción de asentamentos urbanos sostíbeis, que contrastan con múltiples experiencias habidas nos últimos anos por parte de administracións máis preocupadas no prota gonismo da inauguración que na eficacia da instalación.
|
||||||||||||||
![]() |
As grandes superficies son novos lugares de encontro. | |||||||||||||
9. FRONTE Á BALCANIZACIÓN DA XESTIÓN URBANÍSTICA. Este panorama só pode explicarse si analizamos os responsables da "administración do urbanismo" nun país de a penas 2.700.000 habitantes, repartidos en 315 circunscricións municipais con competencias en planeamento urbanístico. Só dúas cidades (Vigo e A Coruña) en torno a 250.000 habitantes e case 200 concellos de menos de 5.000 habitantes. Dos 315 concellos prevese que case 100 perdan a metade da súa poboación en a penas 10 anos na crise demográfica máis brutal da sociedade galega ao longo da súa historia. Neste contexto de ausencia de grandes cidades millonarias, de procesos de regresión demográfica profunda, a gobernabilidade no ámbito do urbanismo, é dicir a capacidade de manter baixo control os procesos de desenvolvemento urbano, non debería resultar excesivamente problemática. ¿Qué está a fallar?: Vontade política. Iniciativa. Cando o poder urbanístico central non actúa reemprázase pola fragmentación, producíndose unha auténtica "balcanización" na Administración do Urbanismo: as competencias e a toma de decisións prodúcense exclusivamente no nivel inferior que pola súa natureza está formado por múltiples elementos (os concellos) que perseguen na maioría dos casos de forma patolóxica a consecución de obxectivos a corto prazo propios do seu nivel obviando calquera consideración relacionada cos obxectivos do nivel superior: A destrucción da cohesión do sistema urbano global é só cuestión de tempo, presentándose como unba consecuencia inevitable da carencia dunha estructura superior de planificación á escala a que se está a producir hoxe o fenómeno urbano. Urxe, pois, unha nova organización territorial acorde coa actual realidade socioeconómica e de poboamento que asuma competencias en aspectos como: a ordenación do espacio, o equilibrio social do hábitat, as políticas urbanas e o desenrolo económico que permita unha xestión eficaz tanto das áreas urbanas como dos espacios rurais que asegure un desenvolvemento solidario e sostíbel do territorio.
10. UN NOVO ESPACIO POLÍTICO CIDADÁN: CONTRA O DESARRAIGO. Está a xurdir un ámbito territorial novo, no que o cidadán exerce os seus dereitos políticos (de membro da "polis") ao traballo, á vivenda, á educación, á participación... Un ámbito que xa non se corresponde nin cos límites da Cidade amurallada presente en Europa ata mediados do século XIX, nin cos ámbitos dos Termos Municipais delimitados coas revolucións liberais e readaptados nalgúns casos na primeira metade do século XX. Un novo espacio sen recoñecimento institucional, no que decenas de miles de cidadáns desprázanse diariamente aos lugares de traballo, de consumo, de servicios. As grandes infraestructuras do transporte, os grandes centros de comerciais, os equipamentos de masas..., teñen ocupado o lugar simbólico, os "centros" , no imaxinario colectivo dunba sociedade desarraigada que se mostra distante, cando non totalmente allea, ás súas relacións co "lugar", co contorno físico e social. E a sociedade do desarraigo, da descohesión social e do debilitamento das relacións de veciñanza, da desestructuración política e inhibición progresiva nos procesos de participación colectiva, débil ante o poder e profundamente insolidaria fronte ao diferente ao que exclúe social e espacialmente. Unha sociedade caracterizada pola ausencia de raíces, polo "desarraigamento" (Simone Weil) situación que está no orixe do fascismo. A reconquista da identidade e da cultura cívica esixe a delimitación, a fixación dos límites do novo escenario do exercicio da urbanidade, tarefa esta que se presenta como fundamental para unha administración responsábel fronte aos retos que se aveciñan e que teñen un efectos demoledores estamos empezando a percibir.• |
||||||||||||||