Traballo do 9 de setembro do 2004

A Casa da Cultura de Chantada

Proxecto de Xosé Manuel Gallego Jorreto

A Casa da Cultura de Chantada atópase no que podemos chamar Casco Vello ou Histórico da cidade. O edificio, pertencente á casa dos Lemos, en principio (segundo opinión dos expertos) non xustificaba a súa conservazón polas condiciós de uso ou constructivas que puidera esgrimir, pero sí pola súa raigame na memoria popular e/ou histórica local e pola súa condición de xerador de espazo urbán vernáculo de calidade (de feito moita xente coñéceo por se-lo lugar onde se colocaban as xaulas de galiñas os días de mercado, hai quen lle chama o "Edificio das Galiñas", e é certo que o espazo adxacente é seguramente o de máis calidade en termos ambiente e forma urbana de toda a cidade chantadina).

A rehabilitación de X.M. Gallego respeta o exterior e refai completamente o interior como ven sendo habitual neste tipo de actuaciós, xerando un espazo moi interesante a nivel espacial e de recorrido con referencias reinterpretadas da Arquitectura vernáculo-popular, como ben se pode apreciar nas secciós e vistas axonométricas (o xogo de niveis, espazos de diferentes outuras, relaciós verticais pódense observar nun estudio xeral da construcción rural galega, mesmo poderíamos identificar as diferentes zonas cos nomes típicos das que se daban nas citadas construcciós). É un interior de vello concepto con materiais de novo uso.

E vexamos as imaxes (premede co rato nelas pra velas a maior tamaño nunha nova xanela) pra facernos unha idea millor do que é ou do que se pode ver (a reflexión é cousa persoal de cadaquén) niste edificio:

Preme na imaxe pra vela a maior tamaño

Plano de Chantada do 1928 co emprazamento da Casa da Cultura.

 

Preme na imaxe pra vela a maior tamaño

Foto aérea de Chantada do 1995 co emprazamento da Casa da Cultura.

 

Preme na imaxe pra vela a maior tamaño

Emprazamento

 

Preme na imaxe pra vela a maior tamaño

Plantas

 

Preme na imaxe pra vela a maior tamaño

Fachada

 

Preme na imaxe pra vela a maior tamaño

Fachada

 

Preme na imaxe pra vela a maior tamaño

Boceto da sección

 

Preme na imaxe pra vela a maior tamaño

Vista axonométrica

 


Vistas Interiores:

Preme na imaxe pra vela a maior tamaño

Preme na imaxe pra vela a maior tamaño
Preme na imaxe pra vela a maior tamaño
Preme na imaxe pra vela a maior tamaño
Preme na imaxe pra vela a maior tamaño
Preme na imaxe pra vela a maior tamaño
Preme na imaxe pra vela a maior tamaño
Preme na imaxe pra vela a maior tamaño
Preme na imaxe pra vela a maior tamaño
Preme na imaxe pra vela a maior tamaño
Preme na imaxe pra vela a maior tamaño

José Antonio Cidre Bardelás