Bandeira: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo
Inicio
Domingo, 11 de Maio do 2008

A frase do día: Non nos falta valor pra encetar certas cousas porque son difíciles, senón que son difíciles porque fáltanos valor pra encetalas. (L.A.Séneca)




Ciberirmandade da Fala

Menú Principal
Inicio Inicio
Que é ArquitecturaGalega.net? Que é ArquitecturaGalega.net?
Historia da Arquitectura Galega Historia da Arquitectura Galega
Arquivo Arquivo
Banco de Imaxes Banco de Imaxes
Diccionario Diccionario
Adro (Foros de mensaxes) Adro (Foros de mensaxes)
Arquitectura Destrutiva Arquitectura Destrutiva
Ligazós Ligazós
Contacto Contacto
Suscríbete á nosa Lista de Novas Suscríbete á nosa Lista de Novas
Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Taboleiro de Anuncios Taboleiro de Anuncios
Consulta tódalas novas publicadas Consulta tódalas novas publicadas
Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net
Proxecto Asociado a:
CiberIrmandade da Fala CiberIrmandade da Fala
Verbas Dicionario
O Dicionario ten:
319 Verbas en Galego
211 Verbas en Castelán
206 Verbas en Catalán
Enquisas
Que pensas do estado actual da Arquitectura na Galiza?
 
Total de Ligazós
7 Categorías
91 ligazóns
Quen está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio
O grupo de arquitectura tradicional galega do Flickr acada as 500 fotos
Domingo, 13 de Abril do 2008
Grupo de arquitectura tradicional galega no FlickrOs traballos de recopilación de imaxes de arquitectura tradicional galega contan cun novo fito na rede. En concreto, no grupo de arquitectura tradicional galega do Flickr artellado e xestionado por Xavier (www.culturapopulardesandias.com) xa se superaron as 500 fotos. Iste é un grupo aberto a incorporar imaxes do noso rico patrimonio arquitectónico tradicional (airas/eiras, alpendres, alvarizas, batáns, capelas, casas-vivendas, cerres, chozos, curros, fabricas de curtidos, ferrerías, fontes, fornos, hórreos, etc.).

Podedes visitalo en: http://www.flickr.com/groups/arquitecturatradicionalgalega/.
 
Última actualización ( Domingo, 13 de Abril do 2008 )
 
Proxecto Didáctico Antonio Fraguas. 6ª edición
Domingo, 06 de Abril do 2008
Museo do Pobo GalegoA Fundación Antonio Fraguas - asociada ó Museo do Pobo Galego - leva cinco anos convocando o  Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, sendo esta, a 6º convocatoria.
 
O Proxecto Didáctico, pretende incentivar a investigación realizada desde o ámbito escolar nos campos da Historia, Arte, Antropoloxía, Etnografía, Xeografía, Arqueoloxía... da Galiza.  Hai dúas modalidades: Ensino Primario e Ensino Secundario, dotadas cada unha delas, cun premio de 10.000 euros. Este premio é pró desenvolvemento, durante o curso 2008-09, do proxecto de investigación  presentado a concurso.
 
Os proxectos de investigación pra desenvolver o vindeiro curso deberán estar en maos da Fundación antes do 30 de abril de 2008 (as bases poñen o 15 pero vaise prorrogar o prazo de presentación).
 
Pódese obter máis información do Antonio Fraguas na páxina web do Museo do Pobo - www.museodopobo.com - ou chamando ó Departamento de Educación e Acción Cultural  ó teléfono  981583620.
 
Última actualización ( Domingo, 06 de Abril do 2008 )
 
XIV Ponte... nas ondas! Identidade e territorio
Luns, 24 de Marzo do 2008
XIVª Ponte... nas ondas! A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas! en colaboración co equipo do Proxectoterra do COAG convoca a XIV Xornada de Radio Interescolar que se desenvolverá o día 6 de xuño do 2008.
 
Na liña do traballo sobre o Patrimonio Cultural Galego-Portugués que Ponte... nas ondas! ven desenvolvendo dende fai anos, nesta edición preténdese abordar unha reflexión sobre a identidade e o territorio. Pra iso, contarase coa colaboración do ProxectoTerra do Colexio de Arquitectos da Galiza que está a facer un importante labor niste ámbito dende fai tempo.
 
As actividades a desenvolver serán variadas e están abertas á participación de todos e todas. Dende organizar traballos e eventos relacionados co tema da identidade e o territorio nos centros de estudo, ata a elaboración de programas radiofónicos ou documentais en vídeo que poderán ser enviados denantes do 30 de abril e serán emitidos o día 6 de xuño a traverso da Internet.
 
O prazo de inscrición remata o 15 de marzo. Podedes obtir máis información no web de Ponte... nas ondas!.
 
Última actualización ( Luns, 24 de Marzo do 2008 )
 
Normas do Hábitat Galego.
Mércores, 26 de Decembro do 2007
O Consello da Xunta do 20 de decembro de 2007 aprobou as Normas do Hábitat Galego que marcan as calidades mínimas coas que se deben construir as novas vivendas. No web do COAG pódese consultar a reseña da información ós medios de comunicación e o texto aprobado da norma, aínda non publicado no DOGA. Será de aplicación ós tres meses da sua publicación estimada pra primeiros do vindeiro ano.
 
Última actualización ( Mércores, 26 de Decembro do 2007 )
 
Álvaro Siza, conversas no obradoiro
Domingo, 04 de Novembro do 2007
Portada do libro A editorial verlibros editou un novo libro de Arquitectura artellado ó redor de conversas co arquitecto Álvaro Siza. Nil, Manel Somoza e Siza repasan proxectos concretos e falan verbo do seu xeito de facer Arquitectura.
 
Ademais das diversas  reflexiós que veñen ó caso, o libro inclúe diversos debuxos de Siza que axudan a defini-las citadas conversas do xeito habitual do arquitecto.
 
O libro será apresentado o vindeiro sábado día 10 de novembro, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, ás 13:30 h., contando coa presenza do autor e do propio Álvaro Siza.
Última actualización ( Domingo, 04 de Novembro do 2007 )
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 9 de 34

Últimas Mensaxes do Adro
Ligazós ó Chou:
A MESA pola normalización lingüística  Galicia Encantada 
Caixa Galicia  ITeC 
Editorial Gustavo Gili  andar 21, revista poética 
As Ligazós Máis Recentes:
Tablestuy  Embarbox. Embalajes Armando 
Libraría a súa medida, para o mundo  Aquatic. Construcciones deportivas 
Construmat  ENLLAVE (Constructora Digital) 


Anuncios
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas! en colaboración co equipo do Proxectoterra do COAG convoca a XIV Xornada de Radio Interescolar que se desenvolverá o día 6 de xuño do 2008.
 
Pra esta edición, proponse o tema da identidade e o territorio.
 
Ciberirmandade da Fala
Fala Ceive
CulturaGalega.org
Non se puido conectar co fluxo de www.culturagalega.org
Mancomun.org
Non se puido conectar co fluxo de www.mancomun.org
InfoRosal
Sindicación con ArquitecturaGalega.net
Se queres sindica-los nosos contidos usa as seguintes ligazós:


Visitas dende o 22/11/1997: 235184


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquil no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5

© 2008 O Sitio da Arquitectura Galega na Rede
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.