|
Verbas Dicionario |
| O Dicionario ten: |
| 319 | Verbas en Galego |
| 211 | Verbas en Castelán |
| 206 | Verbas en Catalán |
|
|
Quen está conectado? |
|
Temos 1 convidado conectados |
|
Inicio
|
Curso de vrao VIVENDA E ESPAZOS DE RELACIÓN NOS NÚCLEOS TRADICIONAIS DE GALICIA. |
|
Domingo, 20 de Xullo do 2008 |
|
Do 21 ao 24 de xullo terá lugar en Allariz o curso de verán VIVENDA E ESPAZOS DE RELACIÓN NOS NÚCLEOS TRADICIONAIS DE GALICIA. (2 CRÉDITOS DE LIBRE CONFIGURACIÓN POLA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA).
Obxectivos: Tendo en conta que a planificación de intervención nos cascos históricos centranse fundamentalmente nos edificios, esquecendo en moitas ocasións os espazos públicos e a relación cos territorios circundantes. Diriximos as intencións deste curso a estes, en canto que conforman os auténticos escenarios de relación social e convivencia.
Dende dúas perspectivas: 1.- A redacción das normativas urbanísticas axeitada a estes e a propia intervención nos espazos. 2.- Laboratorios de traballo: núcleos de Allariz, propostos pola Oficina de Rehabilitación, de modo que o resultado das actividades realizadas resulte útil para futuros traballos do Concello. Serán pois, prácticas reais e non simples exercicios de curso. Complementarias das ensinanzas recibidas na Universidade que ao tempo xerarán debates que nos aproximarán a unha visión integral das especificidades dos núcleos de Galicia e ao seu entorno, aprendendo do que existe e que queremos conservar para traspoñelo ao resto do territorio.
Temas a estudar: - Tipoloxías arquitectónicas. - Tipoloxías construtivas- patoloxías. - Os detalles construtivos. - Construcións adxectivas. - Espazos públicos nos núcleos, relación cos espazos privados e elementos definitorios destes. - Os motivos da desaparición dos espazos de relación. - Camiños e vías. - Toponimia. - As normativas urbanísticas nos núcleos rurais. - Os crecementos e transformacións nos núcleos rurais. |
|
Última actualización ( Domingo, 20 de Xullo do 2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela) |
|
Luns, 07 de Xullo do 2008 |
 A Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela) abriuse fai pouco en Sandiás, nunha casa tradicional rehabilitada para tal fin, e nil preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa de Antela, a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras. Pra iso, preténdese levalo cabo a través de modernos soportes audiovisuais (cámaras teledirixidas pra observa-lo que está a acontecer nos humedais, breve documental sobre a lagoa de Antela e sobre o patrimonio historico-artístico da zona, etc.), paneis interpretativos, explicaciós didácticas, etc. Por medio destes recursos os visitantes poderán observar e coñecer a grande diversidade de aves que habitan de forma esporádica ou permanente na comarca, tentando con isto incrementa-la sensibilidade medioambiental, así como implicar ós visitantes na salvagarda do noso patrimonio cultural e medioambiental. Co eslogan ¨Vennos descubrir¨, preténdese a visita e o descubrimento da memoria da lagoa de Antela en Sandiás, xusto cando neste ano se cumpren os 50 anos do comezo das obras de desecamento (1958-2008). Para saber máis: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=12492 |
|
Última actualización ( Luns, 07 de Xullo do 2008 )
|
|
|
Máis de 1100 imaxes de arquitectura tradicional galega no Flickr |
|
Martes, 24 de Xuño do 2008 |
|
Lembremos que iste é un grupo aberto a incorporar imaxes do noso rico patrimonio arquitectónico tradicional (airas/eiras, alpendres, alvarizas, batás, capelas, casas-vivendas, peches, chozos, curros, fabricas de curtidos, ferreirías, fontes, fornos, hórreos, etc.), moito dil condeado á súa desaparición, se non tomamos cartas no asunto. |
|
Última actualización ( Martes, 24 de Xuño do 2008 )
|
|
|
Xornadas "Vive a Magdalena" |
|
Domingo, 15 de Xuño do 2008 |
|
O Concello de Ferrol organizou a celebración dunhas Xornadas de Debate baixo do título “VIVE A MAGDALENA”, a celebrar os vindeiros días 20 e 21 de xuño, no que se pretende informar e debater verbo do planeamento urbanístico da cidade, logo da recente aprobación definitiva do Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Barrio da Magdalena.
Trátase non só de presentar o plan urbanístico no contexto das políticas de recuperación e rehabilitación dos conxuntos históricos galegos e españois, tamén de impulsar nun marco axeitado a candidatura do conxunto territorial formado polos Arsenais, Estaleiros, o propio Barrio da Magdalena e as Defensas e Castelos da ría de Ferrol como Patrimonio Mundial diante da UNESCO.
Están convocados como relatores das Xornadas un destacado conxunto de profesores, urbanistas e xestores. Será ocasión para valorar e reforzar os lazos de relación histórica e cultural entre diversas cidades históricas Patrimonio Mundial, como Évora, Santiago de Cuba e Santiago de Compostela. Tamén será oportuno relacionar a defensa e protección dos patrimonios arquitectónicos coa problemática máis ampla de recuperación funcional dos centros urbáns.
Prof. arquitecto Juan Luís Dalda. Director Académico dás Xornadas.
Xornadas Vive a Magdalena www.viveamagdalena.org |
|
Última actualización ( Domingo, 15 de Xuño do 2008 )
|
|
|
O grupo de arquitectura tradicional galega do Flickr acada as 500 fotos |
|
Domingo, 13 de Abril do 2008 |
 Os traballos de recopilación de imaxes de arquitectura tradicional galega contan cun novo fito na rede. En concreto, no grupo de arquitectura tradicional galega do Flickr artellado e xestionado por Xavier ( www.culturapopulardesandias.com) xa se superaron as 500 fotos. Iste é un grupo aberto a incorporar imaxes do noso rico patrimonio arquitectónico tradicional (airas/eiras, alpendres, alvarizas, batáns, capelas, casas-vivendas, cerres, chozos, curros, fabricas de curtidos, ferrerías, fontes, fornos, hórreos, etc.). Podedes visitalo en: http://www.flickr.com/groups/arquitecturatradicionalgalega/. |
|
Última actualización ( Domingo, 13 de Abril do 2008 )
|
|
| | << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 Seg. > Remate >>
| | Resultados 1 - 9 de 38 |
|
As Ligazós Máis Recentes: |
|
|
|
|
|
CulturaGalega.org |
|
Non se puido conectar co fluxo de www.culturagalega.org |
|
Mancomun.org |
|
Non se puido conectar co fluxo de www.mancomun.org |
|
Sindicación con ArquitecturaGalega.net |
Se queres sindica-los nosos contidos usa as seguintes ligazós:
|
|