|
Verbas Dicionario |
| O Dicionario ten: |
| 319 | Verbas en Galego |
| 211 | Verbas en Castelán |
| 206 | Verbas en Catalán |
|
|
Quen está conectado? |
|
Temos 1 convidado conectados |
|
Inicio
|
Nostalxia arquitectónica. Realmente evolucionamos? |
|
Domingo, 22 de Outubro do 2006 |
|
Cando botamos a vista (especialmente dende un senso fotográfico) cara ó pasado da Arquitectura non podemos deixar de pensar que algo anda mal no camiño de evolución (ou involución?) que estamos a seguir. Quizabes sexa a tendencia a obviar a vertente humana da Arquitectura, a súa colectividade fronte a un egocentrismo de creación da Arte mal entendida, ou pode que sexa a propia subxetividade dos que poñemo-la crítica nise camiño escollido. Alguén o sabe?.
O caso é que tampouco hai que esforzarse moito en encher un espazo en branco de verbas tentando describi-las cousas cando se poden amosar imaxes que explicitan perfectamente ise proceso no exemplo dunha das cidades paradigmáticas dos trocos da Galiza nos últimos tempos como é Vigo: |
|
Ler máis...
|
|
|
Vilas, cidades, lugares... |
|
Domingo, 15 de Outubro do 2006 |
|
Timos visto adoito como prolifera a realización de estudos e análises urbanísticas en diversos lugares tomando como base realidades e emprazamentos variados e tirando conclusiós máis ou menos semellantes, relacionadas coa deshumanización das cidades, os problemas psíquicos das densidades excesivas e dun nivel de esixencia de cumprimento temporal moi estricto, etc. Na Galiza tamén se ten falado nalgunha ocasión da organización territorial da Arquitectura, pero semella que tódalas conclusiós rematan no afortalamento dunha verba un tanto arbitraria: o "feísmo". Pero realmente podemos dicir que o problema da Arquitectura e da organización territorial sexa únicamente a súa "fealdade"? Qué podemos considerar "feo"? Está claro que a denominación está moi extendida pero que o concepto é totalmente subxetivo e por tanto inxustificable (tal e como dende algunhas instancia se pretende) como causa directa da desorde e dexeneración do entorno galego. É "feo" un conxunto de edificios pola súa cor?, polos seus materiais?, pola súa forma?. Non é certo que o que a unha persoa lle parece "feo" a outra pódelle parecer fermoso? E mesmo un ente horrible visualmente (segundo criterios superficiais) pode ser perfectamente un exemplo de integración ou proporciós axeitadas (a canta xente non lle gostan os insectos e, nembargantes, admiran a súa perfección?, por poñer un exemplo). Está claro, entón, que o problema está nun punto máis obxetivo e profundo, nunha cuestión de desequilibrio de forzas que xeran elementos erixidos en corpos fóra de sitio e completamente desproporcionados, que medraron sen atender ós seus condicionantes externos e que por iso non teñen relación co seu emprazamento, nin entre si. |
|
Ler máis...
|
|
|
Nova galería de imaxes de Arquitectura popular |
|
Domingo, 08 de Outubro do 2006 |
|
Desta volta encetamos unha nova galería de Arquitectura popular con 8 novas imaxes do noso colaborador Xavier (http://www.concellodesandias.com) facendo énfase nos Muiños do Folón e do Picón no Rosal (Pontevedra), as pallozas do Cebreiro e no Pazo de Esposende. Boas mostras, sen dúbida, de boa implantación no terreo e adaptación ó contorno en tódolos termos que consideremos (práctico e conceptual). Paga a pena pasar un anaquiño mirando as imaxes e reflexionando sobor das características da Arquitectura capturada coa cámara. |
|
Última actualización ( Domingo, 08 de Outubro do 2006 )
|
|
|
Acupuntura e ciruxía na Arquitectura. |
|
Sábado, 30 de Setembro do 2006 |
|
A idea de facer comparanzas entre a práctica arquitectónica e a médica, especialmente no ámbito da ciruxía, non é nova nin á escala do que supón a proxectación urbanística nin nunha máis pequena a un nivel máis propio dos edificios. É evidente que as actuaciós arquitectónicas que se engloban niste concepto "médico" son as de rehabilitación, restauración, reordenación e demáis 're' que cualifican os procesos levados a cabo sempre sobor dunha realidade existente e proxectada previamente.
Os motivos que levan a intervir ou plantexar unha intervención en algo xa existente e normalmente consolidado son diversos pero básicamente pódense dividir en dous grupos: un relacionado co troco de usos (por diversas causas) e o outro cunha planificación ou proxectación non axeitada prá solución dos problemas previos a resolver coa proposta levada a cabo. No primeiro grupo as soluciós son máis doadas e poderíanse asimilar a certas terapias sinxelas ou pouco agresivas (a acupuntura) co obxeto de recuperar un certo equilibrio de forzas (non é a primeira vez que falamos disto) e unha redistribución dos novos usos de forma que se adapten millor ós espazos existentes. Un paso máis suporía o uso da "microciruxía" (de tamaño en relación co da zona na que se intervén) que daría resposta a desaxustes por trocos ou evolución dos usos pero que entraría tamén no ámbito do segundo grupo, o da deficiencia ou erros na concepción da proposta materializada. E xa no límite, habería que falar da "ciruxía xeral" e "trasplantes", e as veces a "extirpación" do elemento arquitectónico por ausencia total doutras soluciós.
|
|
Ler máis...
|
|
|
O artellamento dunha realidade galega. |
|
Domingo, 24 de Setembro do 2006 |
|
Catástrofe tras catástrofe, a realidade galega tanto no que se refire ó ámbito material coma ó inmaterial vaise difuminando dun xeito implacable non se sabe ben se cara á tan repetida 'globalización' ou cara a unha destrución e desaparición que só será recuperable mediante o uso de técnicas arqueolóxicas e o apoio de moita imaxinación.
E unha parte moi importante da desfeita está conformada polo ámbito arquitectónico en xeral. Un ámbito que cada vez está máis dividido (arquitectura, urbanismo, construción, etc.) e menos coordenado, o cal non beneficia precisamente á coherencia da definición do contorno no que timos que desenvolve-las nosas actividades, resultando do proceso unha serie de tensiós que non enriquecen as nosas vidas senón que as agreden creando problemas de diversos tipos e que acaban reflectíndose nunha serie de efectos secundarios que merman a nosa capacidade de benestar.
Pode semellar unha esaxeración pero está moi claro que cada vez máis xente procura evadirse da súa realidade e da súa vivenda habitual mediante a "fuxida" cara a unha segunda residencia ou outro contorno do que vive a cotío, e non é posible que sexa só unha cuestión de moda. E todo coincide, nembargantes, coa afirmación da xente dunha crecente estima polo entorno difuso de grandes centros comerciais, vías de comunicación interminables, mal emprazadas no territorio e únicamente definidas por intereses económicos (case xuros, máis que intereses), e vivendas micronizadas, ou no outro extremo, excesivamente compactas e concentradas (na denominación conxunta de "progreso"), e case sempre cunha mínima relación co emprazamento e ausencia total da idea de integración nun conxunto máis amplo.
|
|
Ler máis...
|
|
| | << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 Seg. > Remate >>
| | Resultados 19 - 27 de 40 |
|
As Ligazós Máis Recentes: |
|
|
|
|
|
Ciberirmandade da Fala |
|
Non se puido conectar co fluxo de www.ciberirmandade.org |
|
CulturaGalega.org |
|
Non se puido conectar co fluxo de www.culturagalega.org |
|
Mancomun.org |
|
Non se puido conectar co fluxo de www.mancomun.org |
|
Sindicación con ArquitecturaGalega.net |
Se queres sindica-los nosos contidos usa as seguintes ligazós:
|
|