|
O web da Arquitectura Galega na Rede asóciase coa CiberIrmandade da Fala |
|
Mércores, 22 de Marzo do 2006 |
|
A CiberIrmandade da Fala e Arquitectura Galega anuncian o acordo de asociación polo que o foro de Arquitectura Galega pasa a ser un máis dos foros da CiberIrmandade. Arquitectura Galega comprométese a fornecer e dinamizar contidos sobre cuestións que teñan que ver coa arquitectura feita por e prá Galiza. A CiberIrmandade xestionará o mantemento e actualización do software do foro. Con este acordo, ámbolos dous sitios queren sumar e incrementar a participación recíproca dos foros. |
|
Última actualización ( Mércores, 22 de Marzo do 2006 )
|
|
|
Convocatoria de Becas da Fundación Caixa de Arquitectos |
|
Venres, 17 de Febreiro do 2006 |
A fundación Caixa de Arquitectos presenta a convocatoria BECAS 2006 que ten como obxetivo a realización de prácticas en estudios europeos de Arquitectura. En concreto concederánse 20 becas dirixidas a estudiantes de Arquitectura e arquitectos recén titulados cunha dotación de 4.000 a 7.230 euros e dúas opciós de participación: concurso ou segundo o expediente académico. A data límite é o 2 de maio do 2006. |
|
Última actualización ( Venres, 17 de Febreiro do 2006 )
|
|
|
Venres, 30 de Decembro do 2005 |
|
Hoxe engadimos material diverso e actualizamos algunhas das nosas secciós. En concreto engadimos dúas novas fotos de petos (enviadas por Xavier, de http://www.concellodesandias.com) á segunda galeria de Arquitectura Popular; e dúas novas colaboraciós no apartado de Arquitectura Destrutiva (novo material verbo de Pontedeume e unha reflexión xeral de Urbanismo e Política ). Asemade, dende Pontedeume comunicáronos a creación dun novo web expresamente pró colectivo FUSQUENLLA, no enderezo http://www.sospontedeume.com (alí atoparedes detalles como os medios de contacto, etc.). |
|
Última actualización ( Venres, 30 de Decembro do 2005 )
|
|
|
Os Arquivos como Fonte de Información e Ideas |
|
Sábado, 03 de Decembro do 2005 |
|
Eu sempre defendín o papel primordial dos arquivos na definición das bases de calquer traballo, non só de restauración, senón tamén de creación pura. Finalmente semella que pouco a pouco a sociedade en xeral vai desterrando a idea dos arquivos como almacéns de papeis inúteis consumidores de recursos económicos e xeradores de discordia e preitos. |
|
Última actualización ( Sábado, 03 de Decembro do 2005 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Movementos na Sección de Arquitectura Destrutiva |
|
Sábado, 03 de Decembro do 2005 |
Engadimos novos materiais aportados polos nosos visitantes á sección de Arquitectura Destrutiva. Ogallá que coa denuncia destas situaciós de abuso e dexeneración da Arquitectura axuden a recupera-la vertente de utilidade e implicación sociais que deberían tir arte e artistas. |
|
Última actualización ( Sábado, 03 de Decembro do 2005 )
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 28 - 36 de 40 |