|
Verbas Dicionario |
| O Dicionario ten: |
| 319 | Verbas en Galego |
| 211 | Verbas en Castelán |
| 206 | Verbas en Catalán |
|
|
Quen está conectado? |
|
Temos 1 convidado conectados |
|
Inicio
|
Normas do Hábitat Galego. |
|
Mércores, 26 de Decembro do 2007 |
|
|
|
Última actualización ( Mércores, 26 de Decembro do 2007 )
|
|
|
Álvaro Siza, conversas no obradoiro |
|
Domingo, 04 de Novembro do 2007 |
 A editorial verlibros editou un novo libro de Arquitectura artellado ó redor de conversas co arquitecto Álvaro Siza. Nil, Manel Somoza e Siza repasan proxectos concretos e falan verbo do seu xeito de facer Arquitectura. Ademais das diversas reflexiós que veñen ó caso, o libro inclúe diversos debuxos de Siza que axudan a defini-las citadas conversas do xeito habitual do arquitecto. O libro será apresentado o vindeiro sábado día 10 de novembro, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, ás 13:30 h., contando coa presenza do autor e do propio Álvaro Siza. |
|
Última actualización ( Domingo, 04 de Novembro do 2007 )
|
|
|
V Encontros Internacionais de Arquitectura |
|
Luns, 24 de Setembro do 2007 |
 Os vindeiros días 8, 9 e 10 de novembro tirán lugar en Santiago de Compostela os V Encontros Internacionais de Arquitectura, organizados polo COAG e Andar Quatro Arquitectura. Nesta edición contarán coa presenza de Alvaro Siza, Sigheru Ban, Carme Pinós, Lacaton+Vassal, Creus e Carrasco, Zaha Hadid, e Gygon+Guyer entre doutros. |
|
Última actualización ( Luns, 24 de Setembro do 2007 )
|
|
|
540 anos do derrubamento da torre de Sandiás durante a revolta irmandiña |
|
Domingo, 22 de Abril do 2007 |
540 anos do derrubamento da torre de Sandiás durante a revolta irmandiña (Primavera do 1467). A torre de Sandiás foi unha das moitas fortalezas galegas que foron derrubadas durante a revolta irmandiña de 1467. Nesta revolta as xentes dos pobos e das vilas rebeláronse contra os ¨moitos agravios, danos e males¨ que recibían desde as fortalezas (¨refuxio de malfeitores¨) dos señores, cabaleiros e prelados. Para iso, organizáronse en Irmandades leais ó Rei, uníndose na primavera de 1467 nunha gran insurrección xusticeira que ía derruba-la maior parte dos castelos e torres que había en Galicia e obrigar a parte da nobreza a fuxir cara a Portugal ou Castela (a primeira fortaleza derrubada foi a de Castelo Ramiro, preto de Ourense, da que se teñen novas que foi derrocada o 25 de abril de 1467). Na primavera de 1469 a nobreza contraatacou vencendo ós irmandiños, facendo reconstruír algunhas das fortalezas ós mesmos vasalos que as derrubaran.
Imos aproveitar esta celebración para dar a coñecer e a difundir, mediante o breve artigo que segue, a historia dun dos monumentos mais emblemáticos e coñecidos do concello de Sandiás: a súa torre. |
|
Última actualización ( Luns, 14 de Maio do 2007 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Manifestación contra a degradación do territorio galego |
|
Domingo, 15 de Abril do 2007 |
|
Recibimos esta comunicación vía correo electrónico fai unhos días: 6 de Maio 31.03.07 A práctica totalidade de organizacións ecoloxistas galegas decidimos convocar unha manifestación o día 6 de maio en Santiago de Compostela. Despois dunha xuntanza celebrada nesta mesma cidade, os grupos participantes acordamos por unanimidade - dous destes colectivos deben someter aos seus órganos de dirección esta decisión - chamar á cidadanía a unha manifestación que sirva para amosar a nosa repulsa pola degradación do territorio, un feito que ameaza á propia identidade de Galiza. Outros grupos que escusaron a súa asistencia, amosaron o seu apoio ás decisións tomadas.
Coincidíuse na necesidade de celebrar este acto reivindicativo e de denuncia dada o estado de deterioración na se atopa o territorio galego, tanto o litoral como o interior. Se o primeiro está ameazado pola construción e as piscifactorias, non o está menos o interior, que sufre a espoliación do Courel e da Terra Cha. Sen esquecer a deterioración dos cascos históricos, a destrución do patrimonio arquitectónico, a desaparición dos espazos públicos e zonas verdes, e a edificación masiva que aporta especulación e depredación da paisaxe. Existe unha grande sensibilidade social sobre as consecuencias irreversibeis que acarrea o descontrol das actuacións urbanísticas e a impunidade dos empresarios e alcaldes que os apoian. Temos agora a posibilidade de poñer freo á cementación de Galiza, de salvagardar o noso patrimonio natural, que é o mesmo que dicir o noso futuro. |
|
| | << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 Seg. > Remate >>
| | Resultados 10 - 18 de 40 |
|
As Ligazós Máis Recentes: |
|
|
|
|
|
Ciberirmandade da Fala |
|
Non se puido conectar co fluxo de www.ciberirmandade.org |
|
CulturaGalega.org |
|
Non se puido conectar co fluxo de www.culturagalega.org |
|
Mancomun.org |
|
Non se puido conectar co fluxo de www.mancomun.org |
|
Sindicación con ArquitecturaGalega.net |
Se queres sindica-los nosos contidos usa as seguintes ligazós:
|
|