Fai xa 3 anos da última revisión desta páxina... Daquela a evolución era xa patente pero máis é hoxendía cando a inxenuidade da análise superficial da Arquitectura Galega que fixen nun breve percorrido pola mesma faise máis e máis patente mesmo pra mín (ninguén nace sabendo). De tódolos xeitos creo interesante conserva-los documentos tal e coma os fixen pra mantir as ideas previas e constrastalas coas que vaian xurdindo. Asemade, polo de agora é o único resumo que teño da historia da Arquitectura Galega :-) |
Cando xa fai preto de catro anos me plantexei algún xeito de colaborar co desenvolvemento do que entonces non estaba moi convencido que se lle puidera chamar Arquitectura Galega, xurdiu a idea de aproveitar un novo medio de comunicación universal de acceso relativamente sinxelo que daquela estaba empezando a expandirse polas nosas latitudes. Ainda que endexamáis pensei que chegara a unha evolución tan rápida cando os poucos que confiábamos na Internet naqueles tempos éramos vistos coma unha especie de bechos raros, soñadores sen visión de futuro, e que hoxendía demostróuse que non era así nen moito menos, resultando agora que a Rede é a base das relaciós entre xentes e entidades presentes e futuras. A constante evolución e a universalización dos servizos na Internet fai que na actualidade cáseque todo o mundo teña facil acceso de consulta, pero tamén de publicación coa posibilidade de usar recursos que fai catro anos non era posible nen soñar. Por elo, o inicial da proposta, a limitación de posibilidades levaron a crear un corto traballo-resumo que foi o centro das Páxinas de Arquitectura Galega durante este tempo, e que a falla de tempo e ás veces de motivación levaron a esmorecer e converterse no único interesante que se podía atopar nas mesmas. A idea a partires de agora é ampliar o campo de actuación, pero paga a pena conservar ese pequeno traballo e integralo dentro da estructura xeral dunha nova concepción do que agora vai ser o Sitio da Arquitectura Galega na Rede. Un traballo cunha organización baseada na dalgunha das creaciós de Milladoiro relacionadas coa explicación de diversas exposiciós históricas (Galicia no Tempo, Gallaecia Fulget) pois semellábame un esquema válido que mostraba en certa forma a posibilidade de relación entre distintas artes. Agora estou convencido de que é unha simplificación excesiva, pero que funcionaba perfectamente, e que ainda que sexa pra amosa-lo punto de partida desta historia hai que conservar. Engado ó remate tamén a bibliografía básica utilizada (ou que podería utilizarse) pra confeccionar este traballo e proseguir coas investigaciós sobor o tema. Gracias pola tua visita.
Indice Xeral:- Cuestións Previas (Algunhas consideracións sobre a influencia do contexto no noso tema).
- As Raices-A Xénese (Orixe da Arquitectura en Galicia. Vivendas primitivas. As casas do fume).
- O Camiño (Evolución e desenrolo de elementos propios).
- A Nostalxia (A recuperación do espíritu galeguista. Antonio Palacios. Manuel Gómez Román).
- O Debate (A redefinición da Arquitectura galega. Apertura de fronteiras).
- O Presente-O Esplendor (A Arquitectura galega hoxe en día. As aportacions externas).
Bibliografía:- Pedro de Llano: Arquitectura Popular en Galicia, C.O.A.G., Vigo, 1981-1983.
- Pedro de Llano: Arquitectura Popular en Galicia: Razón e construcción., C.O.A.G., Santiago, 1996.
- AA.VV.: Revista CASTRELOS. Revista do Museo Municipal Quiñones de León, varios números, Vigo, 1987.
- Yago Bonet Correa: La Arquitectura del humo, Cadernos do Seminario de Sargadelos 61, Ediciós do Castro, A Coruña, 1994.
- Fernando Martínez Sarandeses: Arquitectura vernácula en Pontevedra, C.O.A.G., Vigo, 1982.
- Xosé María Ramón Iglesias Veiga: Antonio Palacios, Galegos na Historia 3, Ed. Ir Indo, Vigo, 1995.
- Xaime Garrido Rodríguez/Xosé María Ramón Iglesias Veiga: Manuel Gómez Román. Mestre da Arquitectura galeguista, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1995.
- Alejandro de la Sota: Alejandro de la Sota, Ed. Pronaos, Madrid, 1989.
- Delegación de Almería del C.O.A.A.O.: Documentos de Arquitectura 33. José Antonio Corrales/Ramón Vázquez Molezún, Delegación de Almería del C.O.A.A.O., Almería, 1996.
- Miguel Angel Baldellou/Manuel Mendes: José Manuel Gallego, Ed. Gustavo Gili, Barcelona, 1992.
- C.O.A.G.: Xosé Bar Bóo. Arquitecto., C.O.A.G., A Coruña, 1997.
- AA.VV.: Revista A&V número 41, Madrid, 1993.
- AA.VV.: Arquitectura Viva número 43, Madrid, 1995.
- Antonio Armesto/Quim Padró: Casas Atlánticas, Ed. Gustavo Gili, Barcelona, 1996.
- AA.VV.: Revista Obradoiro, Varios números, C.O.A.G., Santiago de Compostela.
- AA.VV.: Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura., C.O.A.G./Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, Vigo, 1998.
- AA.VV.: Galicia. Arquitectura Recente., C.O.A.G., Santiago de Compostela, 1992.
- Rafael Baltar Tojo: Arquitectura y preexistencias. Una referencia gallega., Cadernos do Seminario de Sargadelos 55, Ediciós do Castro, Sada (A Coruña), 1991.
- Helio Piñón: Curso básico de proyectos., Edicions UPC (ETSAB), Barcelona, 1998.
- C.García Braña e F.Agrasar Quiroga: Arquitectura Moderna en Asturias, Galicia y León. Ortodoxia, márgenes y transgresiones. Editado polos Colexios de Arquitectos de Asturies, Galicia, León e Castela-León Leste, A Coruña, 1998.
|
Número de visitas desta páxina dende o 4 de abril do 2000 Páxina creada por José Antonio Cidre Bardelás en febreiro de 1997. Modificada en decembro de 1998. Modificada en novembro do 2001. Modificada en febreiro do 2004.
|