Bandeira: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo
Inicio arrow Historia da Arquitectura Galega arrow As Raices - A xénese
Luns, 06 de Outubro do 2008

A frase do día: O silenzo do envidioso está cheo de ruidos. (Khalil Gibran)




Ciberirmandade da Fala

Menú Principal
Inicio Inicio
Que é ArquitecturaGalega.net? Que é ArquitecturaGalega.net?
Historia da Arquitectura Galega Historia da Arquitectura Galega
Arquivo Arquivo
Banco de Imaxes Banco de Imaxes
Diccionario Diccionario
Adro (Foros de mensaxes) Adro (Foros de mensaxes)
Arquitectura Destrutiva Arquitectura Destrutiva
Ligazós Ligazós
Contacto Contacto
Suscríbete á nosa Lista de Novas Suscríbete á nosa Lista de Novas
Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Taboleiro de Anuncios Taboleiro de Anuncios
Consulta tódalas novas publicadas Consulta tódalas novas publicadas
Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net
Proxecto Asociado a:
CiberIrmandade da Fala CiberIrmandade da Fala
Verbas Dicionario
O Dicionario ten:
319 Verbas en Galego
211 Verbas en Castelán
206 Verbas en Catalán
Total de Ligazós
7 Categorías
91 ligazóns
Quen está conectado?
Temos 1 convidado conectados
PDF Imprimir Correo-e
 


A Arquitectura é un feito universal e existe en tódalas partes do mundo adaptándose sempre o seu entorno de forma máis ou menos afortunada, partindo dunha orixe común en gran parte (a tan renombrada cabaña ou choza primitiva) e xerando unha linguaxe que ben pode ser adaptación de outras máis universais con caracteres propios do lugar.

Nembargantes, é precisamente a linguaxe coa que se expresa a Arquitectura a que se ve sometida a unha maior influencia das modas de xeito que pode levar a engano ó analizar unha obra concreta pois a consistencia da mesma non se relaciona coa visualidade externa senón coa lóxica propia do obxeto, coa súa forma de relacionar espacios e de expresar continuidades espaciais en ámbitos tanto horizontais como verticais. Esa continuidade espacial ten un paralelismo na continuidade histórica que nos levará dende as máis primitivas construccións ata a Arquitectura do Movimento Moderno e a buscar un sentido ás solucións que esta propón e que moitos hoxe en día non se preocupan nen sequera por intentar averiguar.

Pero en moi poucos sitios a Arquitectura consigue integrarse tan ben no entorno como en Galiza.

Materiais, tipoloxias, formas e carácter permiten unha continuidade espacial que se extende a todo o territorio. O pobo é a casa, os rueiros son os pasillos e as casas son as habitacions. E dentro, esa atmósfera especial que non se pode explicar, só vivir e que afortunadamente moitos arquitectos actuais están recuperando froito dun traballo analítico moi acurado e minucioso, pero de eso xa falaremos mais adiante.

O noso propósito nestas páxinas será intentar analizar esa arquitectura tan especial e os seus rasgos da millor forma que podamos, e recordando como punto de partida a Lao-Tse cando decía "Arquitectura no son só catro paredes e un teito, senón o aire que queda dentro", veremos que en Galiza o aire é diferente.


 
Inicialmente cando os primeiros seres humanos ainda se guiaban por instintos nómadas baseando a sua subsistencia na caza e na recolección de froitos silvestres precisaba un medio de protexerse dos rigores da natureza pero que non fora nembargantes unha traba á súa vida itinerante.

Esa construcción debía ser lixeira e fácil de montar e desmontar, e así empezaron a usar tendas de materiais laminares como peles ou pequenas estructuras de madeira recubertas de follas.

Construcciones similares ainda son utilizadas hoxe en día polos pastores portugueses en Reguengos de Monsaraz, Alpalhao, Nisa e Salvaterra do Extremo, Idanha-a-Nova(imaxe).

As características específicas da zona que tratamos axudaron a definir un carácter propio nestas primitivas construccions incluso. O clima frío e húmedo (que por certo hoxe en día parece estar cambeando cada vez mais) requería unha gran estanqueidade nos materiais e un medio de calefacción interior. Este medio era o lume situado dentro da tenda ou refuxio de forma que proporcionaba calor e o fume axudaba a expulsar insectos e animais indeseados ao tempo que lle facilitaba un tratamento de estanqueidade ao recubrimento exterior xa fora de peles ou follas ou calquer outro material similar.

Así as cousas, estas vivendas móviles primitivas incorporaban unha distribución básica en dous ambientes:

  • a zona de durmir;
  • a zona do lume onde se "estaba" e desenrolaba a vida diurna

A zona do estar sería a primeira semente do que Yago Correa chama "espacio do fume" e que como veremos será un dos rasgos característicos e o xenerador de ambientes ou espacios en moita parte da arquitectura de Galiza, tanto culta como popular.

Con posterioridade, co asentamento más definitivo do ser humano gracias á extensión da agricultura e ao pastoreo "local" as vivendas precisan unha maior durabilidade e por elo aceptan outros materiais menos lixeiros pero mais resistentes fronte aos fenónmenos atmosféricos naturais.

Interiormente o espíritu sigue sendo o mismo que o dos primeiros refuxios móviles, pero agora gracias aos materiais e a estabilidade da casa prodúcense cambeos que adaptan o uso do lume situado sobre a lareira. E é o fume o que fai que a casa creza en altura para aumentar o volumen interior pois non era cuestión de asfixiarse dentro dun pequeno volumen cheo de fume. Ao mismo tempo a cuberta conserva os materiais naturais e unha forma cónica que resulta ideal para conseguir a estanqueidade da misma por xeometría,. Ademais, como xa dixemos, o fume confírelle maior impermeabilidade ao material de cuberta, xeralmente palla, pero non só eso, senón que o fume tamén sirve para conservar os alimentos mais tempo situándoos colgados no teito e para espantar aos animais que podían entrar sen autorización e aproveitarse asimismo da comida almacenada. Estes aspectos darán lugar a un tipo de construcción de base pétrea cilíndrica construida con pedras do entorno (xeralmente graníticas) e cuberta cónica de palla, do estilo das vivendas reconstruidas que se atopan na citania de Santa Trega (Pontevedra) como podemos ver na imaxe.

Algunhas de esas tipoloxias castrexas chegaron hasta prácticamente os nosos días en zonas como o Cebreiro (Lugo), concretamente en construccions como as Pallozas (imaxe, debuxada por Efrén e José Luis García Fernández) organizadas tamén como as casas do fume: un interior volumétricamente único con gran altura, cuberta cónica e unha abertura no cume da misma que proporcionaba luz cenital e facilitaba a saída do fume producido polo lume que ardía enriba da lareira. No mismo espacio situábanse perimetralmente unhas camariñas a modo de armario que eran os lugares para dormir (recordemos a tenda da primeira imaxe). De este modo, o lume, a iluminación cenital (e non só á do oco de saída de fume, senón tamén á dos resquicios de entre as pallas) crean un ambiente especial que seguirá pervivindo na Arquitectura posterior e que evolucionará mais hacia a integración na paisaxe natural.

E eso será o obxeto da próxima páxina O Camiño onde falaremos do particular Camiño da nosa Arquitectura dende as vivendas castrexas hasta fai moi pouco tempo, nun periodo que se caracterizou por poucos cambeos e non significativos.




Páxina creada por José Antonio Cidre Bardelás
en febreiro de 1997
Modificada en decembro de 1998.

Última actualización ( Venres, 17 de Xuño do 2005 )
 
 


Visitas dende o 22/11/1997: 241664


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquil no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5

© 2008 O Sitio da Arquitectura Galega na Rede
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.