Bandeira: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo
Inicio arrow Que é ArquitecturaGalega.net?
Venres, 08 de Agosto do 2008

A frase do día: O amargor ven case sempre de non recibir un pouco máis do que se da. É o sentimento de non facer un bo negocio. (Paul Valéry)





Menú Principal
Inicio Inicio
Que é ArquitecturaGalega.net? Que é ArquitecturaGalega.net?
Historia da Arquitectura Galega Historia da Arquitectura Galega
Arquivo Arquivo
Banco de Imaxes Banco de Imaxes
Diccionario Diccionario
Adro (Foros de mensaxes) Adro (Foros de mensaxes)
Arquitectura Destrutiva Arquitectura Destrutiva
Ligazós Ligazós
Contacto Contacto
Suscríbete á nosa Lista de Novas Suscríbete á nosa Lista de Novas
Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Taboleiro de Anuncios Taboleiro de Anuncios
Consulta tódalas novas publicadas Consulta tódalas novas publicadas
Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net
Proxecto Asociado a:
CiberIrmandade da Fala CiberIrmandade da Fala
Verbas Dicionario
O Dicionario ten:
319 Verbas en Galego
211 Verbas en Castelán
206 Verbas en Catalán
Total de Ligazós
7 Categorías
91 ligazóns
Quen está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Que é ArquitecturaGalega.net? PDF Imprimir Correo-e
Venres, 17 de Xuño do 2005
A historia e os obxetivos de ArquitecturaGalega.net.

A idea de crear unha web de Arquitectura galega xurdiu alá polo ano 1997, cando isto da Internet era algo estrano e case "unha cousa do demo" (hai que ver como mudan as ideas, os conceptos, e sobor de todo a xente...) froito dunha inquietude persoal polo mundo galego xunto co interese pola Arquitectura procurando dalgún xeito concilia-las dúas realidades. De feito o ánimo "investigador" podía máis que o descoñecemento xeral da cuestión e das teorías e na busca de publicar as miñas conclusiós ou contribuciós dun xeito asequible atopei a posibilidade de ofrece-lo meu traballo a través da Rede, primeiro en pequenos resumos que tiñan que ser enviados por correo-e ó webmaster da miña primeira páxina pra que os publicara e logo pouco a pouco ampliando a "casa virtual", ata chegar á situación actual na que o Sitio da Arquitectura Galega na Rede leva xa anos funcionando e ofrecendo os seus contidos (aiquí podes ver unha mostra da evolución da web ata chegar a hoxe).

Teño o costume de falar en plurar dos artífices destas páxinas pero a realidade é que hai un só (o que escribe e suscribe) e salvo colaboraciós puntuais (detalladas en cada intre no que se produciron) todo o deseño, busca de material, estudos, etc. lévanse a cabo por unha sola persoa, polo que a actualización e movemento non son precisamente habituais pola falla de tempo que todos timos e por suposto eu tamén. Por iso non podo (a pesares de que algunha vez pensei facelo) convertir estas páxinas nun portal dinámico de novas e actualidade arquitectónica (de feito hai outras webs que sí teñen a capacidade de facelo e tampouco o fan e que tod@s timos en mente), de modo que queda a solución de facer un punto de encontro de estudos, investigaciós e recursos encol da Arquitectura galega que é o que pretende ser iste sitio (polo menos de momento).

Por elo, o que atoparás é iso, contido estático, e as novas que se ofrezan non pretenden ser "última hora" senón cousas de interese pra tod@s, ainda que tamén timos (teño) espazo pra comunicaciós, anuncios, etc. no adro (os foros de mensaxes onde poderedes facer esas comunicaciós ou discutir de calquer tema, e ós que podedes acceder premendo na ligazón correspondente do menú).

Polo de agora, logo, o obxetivo é ofrecer recursos (o arquivo cos diversos artigos e materiais, o dicionario, etc.) e funcionar como punto de encontro. No futuro? Quen sabe... (lembrade que podedes contactar comigo usando o formulario de correo-e dispoñible premendo na ligazón de contacto).

Última actualización ( Venres, 17 de Xuño do 2005 )
 
 


Visitas dende o 22/11/1997: 258111


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquil no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5

© 2008 O Sitio da Arquitectura Galega na Rede
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.