Bandeira: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo
Inicio arrow Historia da Arquitectura Galega arrow O Camiño
Luns, 06 de Outubro do 2008

A frase do día: O silenzo do envidioso está cheo de ruidos. (Khalil Gibran)





Menú Principal
Inicio Inicio
Que é ArquitecturaGalega.net? Que é ArquitecturaGalega.net?
Historia da Arquitectura Galega Historia da Arquitectura Galega
Arquivo Arquivo
Banco de Imaxes Banco de Imaxes
Diccionario Diccionario
Adro (Foros de mensaxes) Adro (Foros de mensaxes)
Arquitectura Destrutiva Arquitectura Destrutiva
Ligazós Ligazós
Contacto Contacto
Suscríbete á nosa Lista de Novas Suscríbete á nosa Lista de Novas
Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Taboleiro de Anuncios Taboleiro de Anuncios
Consulta tódalas novas publicadas Consulta tódalas novas publicadas
Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net
Proxecto Asociado a:
CiberIrmandade da Fala CiberIrmandade da Fala
Verbas Dicionario
O Dicionario ten:
319 Verbas en Galego
211 Verbas en Castelán
206 Verbas en Catalán
Total de Ligazós
7 Categorías
91 ligazóns
Quen está conectado?
Temos 1 convidado conectados
PDF Imprimir Correo-e
 
 

A posterior evolución da vivenda galaica non foi aparentemente moita, e en certa maneira é así xa que o mais principal estaba consolidado, isto é, o ambiente e a relación interior-exterior, nunha palabra: o espírito, o que caracteriza este tipo de Arquitectura.

Daquela a evolución céntrase na diversificación das funcións da vivenda en diferentes estancias, aparecendo tipoloxías que nembargante non son só exclusivas de Galiza, senón que aparecen tamén en outras zonas de clima similar, o cal axuda a afirmar a influencia da climatoloxía nas novas formas e elementos que aparecen.

Elementos como os patiños, as solainas, os balcons, os soportais, as galerias definen a forma e evolucionan a partir dunha semente inicial perfeccionándose co tempo.

E o inicio de todo son as escadas exteriores que permiten un acceso direito á planta superior na cal desenrólase a vida familiar mentres na inferior adícase o espacio a almacén e corte (podiamos comparalo cos garaxes actuais ainda que con moitas diferencias). O gando na planta baixa xunto co esterco producían calor que axudaba a manter a casa quente, pero evidentemente unha escada interior producía mais desavantaxes que outra cousa, o cal, xunto coa procura de aforro de espacio levaba a face-la no exterior, adquirindo así unha importancia máxima pois é a entrada principal á casa.

Esta importancia é a que xenera un pequeno espacio na parte superior das escadas que é ó tempo recibidor e terraza cando a bonanza do tempo o permite. Este espacio é o patiño, que se sitúa no primeiro andar e adoitan protexer a entrada á planta baixa ou ben cobren un galiñeiro. 

A millora dos patiños por medio de tellados permite o seu uso nos días de chuvia e co paso do tempo e cando as escadas pasan a ubicarse no interior crean un novo elemento: a solaina, que é un patiño cuberto dunha lonxitude superior aos 3 metros, xeralmente independente das escadas de acceso e mais relacionada con estancias de descanso ou traballo que de paso ou recepción como ocurría nos patiños. Esta independencia con respecto á entrada ven esixida pola mala orientación ou vistas inadecuadas desta que non permite a creación dun patiño onde a estancia sexa agradable.

A solaina ao siturse no primeiro andar permite un espacio protexido baixo seu que se aproveita para situar a entrada en planta baixa, especialmente cando o acceso á planta alta do edificio (a escada) se acha no interior (como acontece en casas urbanas ou pegadas á estrada). Este espacio, o soportal, é normal atopalo en zonas urbanas nunha relación de continuidade entre casas adxacentes xerando un paseo protexido que pode acoller funcions de mercado. Un exemplo dos mais típicos e coñocidos pode atoparse nas rúas de Santiago de Compostela, ainda que os soportais abundan en toda a xeografía galega.

Cando as solainas son estreitas mudan a súa denominación e pasan a chamarse balcóns, os cales teñen unhas funcións restrinxidas polas suas dimensións. E común atopalos nas cidades como medio para o disfrute privado do sol e da calor nas paredes das plantas altas.
 
 
 
 


As galerías xurden cando aos balcóns ou solainas se lles aplica un peche baseado nunha estructura de madeira e cristal, de forma que se permite un maior aproveitamento da calor recollida polo muro exterior gracias ao "efecto invernadeiro". Así, a galeria funciona como método de regulación climática nos pisos do edificio mais expostos aos ventos fríos (xeralmente os mais elevados).

 

Todos estes elementos que contribuen a definir un aspecto determinado das construccións en Galiza nacen como xa pudemos ver de cuestións eminentemente prácticas e utilitarias como resultado do saber popular para adaptarse ó clima, froito dunha evolución de varios anos buscando a millor forma de adaptarse ao entorno. E indirectamente (quizáis incluso sen querelo) xeráronse un tipo de espacios propios que axudaron a definir un carácter de integración na Natureza de forma que se crea esa continuidade espacial que citábamos ao empezar esta exposición.

Así, o patiño non é mais que a vontade de ampliar o espacio interno da vivenda, e as suas sucesivas transformacións fan que o interior sexa zona de paso e a verdadeira casa sexa o pobo enteiro, como se pode ver nas relacións veciñais e incluso na organización destes (a parroquia é a unidade economica fundamental).

Pero non só os elementos do edificio axudan a manter esa continuidade senón tamén a súa situación. Os grupos de edificios formáronse sempre en lugares secos, ben ventilados e adxacentes as terras de labor. A necesidade de contacto con outras aldeas fixo que as vias de transporte se convertiran nun "tecido urbano" de estradas, camiños e servidumes de paso e que os edificios se emprazaran contiguos aos camiños, reforzando a idea destes como corredoiras entre diferentes estancias da "macro-casa" que é a aldea. No que se refire a súa situación nas parcelas, as construccións áchanse ao longo das lindes das propiedades, de forma que as suas paredes se utilizan como peches e o acceso ás cortes está conectado direitamente co espacio público.

E tamén os materiais teñen moito que ver coa integración. Os edificios adoitan ser de planta rectangular definida por sólidos muros de granito (perpiaños ou laxas) e cunha estructura moi simple para soster o tellado de madeira de castiñeiro ou carballo ó igual que a estructura interna e os pisos (ainda que nestes utilízase madeira de piñeiro). A cuberta de tellas de arxila sostense cun entramado de madeiras e adoita ter unha inclinación duns 30 grados. O granito proporciónalle unha gran durabilidade a estas construccións (varios séculos) pola sua gran resistencia (especialmente no que respecta a súa superficie).

Os ocos da fachada péchanse con portas e fiestras de madeira. As últimas ábrense cara afora para mellorar o desaugue, e as súas follas áchanse enrasadas co muro pola parte exterior polo mismo motivo, conseguindo ademáis darlle á pesada estructura unha aparencia mais lixeira. No interior, as contras abren cara adentro reflexando a luz do sol e de noite actúan como illadores térmicos. O desenrolo destes ocos e sempre vertical de forma que son mais eficientes estructuralmente, deixan penetrar mais luz e milloran a ventilación.

E hasta aiquí a explicación do camiño evolutivo da Arquitectura en Galiza coa aparición dos elementos que a caracterizan e un intento de explicar o porque da sua integración no entorno mirando os materiais, organizacións, etc. No próximo capítulo (A Nostalxia) falaremos dos inicios da recuperación destes e outros caracteres da Arquitectura galega por parte de arquitectos xa pertencentes o mundo intelectual máis que ao artesano.




Páxina creada por José Antonio Cidre Bardelás en febreiro de 1997

Última actualización ( Venres, 17 de Xuño do 2005 )
 
 


Visitas dende o 22/11/1997: 241664


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquil no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5

© 2008 O Sitio da Arquitectura Galega na Rede
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.