A recuperación dos valores propios da tradición foi un feito gracias aos arquitectos comprometidos co rexionalismo, e esa recuperación seguiu e ainda continua hoxe en día, pero con outro espírito: recupera-la tradición integrándoa cos novos tempos.
De aí xurde un novo tipo de Arquitectura, con aspecto de propio e ao mismo tempo de universal. E todo elo gracias a diversas estratexias como o redescubrimento dos vellos materiais (a pedra, a madeira, etc.) e das súas formas de posta en obra, así como da introducción dos novos métodos e materiais, a reinterpretación de espacios e elementos, etc. Todo na búsqueda dunha realidade que levou a arquitectos galegos a construir con gran éxito fora das nosas fronteiras, así como a acadar significativos premios polos proxectos desenrolados dentro e fora de Galiza.
Esta situación actual de boa marcha da Arquitectura galega é froito (aparte da gran valía dos arquitectos que proxectan e executan esas obras e dos sectores sociais que as promoven e permiten) do traballo convencido de arquitectos que recollendo as intencións de Palacios e Gómez Román foron mais aló abrindo definitivamente o camiño deica o futuro da producción arquitectónica galega.
Personaxes como Alejandro de la Sota, Xosé Bar Bóo, Ramón Vázquez Molezún e outros posiblemente menos coñecidos pero tamén moi importantes, marcaron as pautas que seguen hoxe en día os seus "herdeiros" para crear brillantes obras de gran calidade.
O análise das obras de cada un dos autores citados levaríanos moitas e moitas páxinas (xa sexan de papel ou electrónicas como esta) de forma que por agora resúltanos imposible por razones de espacio e tempo. Si que intentaremos nembargantes repasar unha obra de cada autor intentando mostrar algúns rasgos característicos ou novedosos.
Así podemos ver por exemplo na Casa Domínguez en A Caeira (Pontevedra) de Alejandro de la Sota construida  en 1976. O proxecto xenérase en base a unha idea de Saarinen que asimila a vivenda humana a unha esfera cortada ecuatorialmente polo plana da terra, de forma que na parte enterrada desenrólase a vida inactiva, o descanso, mentre que a semiesfera superior é a receptora da vida activa. De pedra e terra a primeira, transparente a segunda.
E así se define a vivenda, en dúas partes: a inferior de materiais cerámicos, ocos pequenos e conceptualmente enterrada, e a superior lixeira, con grandes ventanais e unha imaxe onde predomina o vidrio. A unión entre as dúas partes efectúase gracias a escada xunto cos seus cerramentos de forma que ademais de albergar as comunicacións verticais adopta tamén unha función de vestíbulo. Pero non só eso. O ambiente, a luz, a función que pode facer como lugar de estancia convírtea en unha galeria reinterpretada, un elemento existente nas casas tradicionais que aiquí péchase e introdúcese dentro da vivenda e que relaciona e utiliza un elemento histórico sin ningún tipo de arqueoloxismo, senón utilizándoo según requiren os novos tempos. Ademais, a zona entre a planta baixa e a primeira, a que rodea á caixa da escada (que ten a entrada a este nivel) é claramente un soportal de novo xeito.
Por todo elo e outras cuestións que xurden dun análise mais profundo podemos situar esta casa como exemplo da síntesis, da unión entre a historia (a planta baixa da casa, pechada, de ocos pequenos, pesada) e o futuro (a planta alta, de grandes ocos, lixeira) e todo elo gracias a un elemento novo e vello ao mismo tempo: a escada-galería. Toda unha metáfora que relaciona a pesadez da construcción tradicional coa lixeireza dos novos edificios, sen perder forza nin expresión, e o mais importante, conservando os conceptos da Arquitectura de sempre (baste observar a tal exemplo a perfecta integración deste edificio no seu entorno).
 Pero tamén hai outros exemplos. Un destacado é o de Xosé Bar Bóo, quén, coa súa Casa Vázquez en San Miguel de Oya (Pontevedra) demostra cómo se pode facer Arquitectura vernácula galega bebendo nas fontes de Frank Lloyd Wright. Aiquí sobran os comentarios e o millor e ver as imaxes. Nunha estructura "wrightiana" onde a chimenea é o centro de construcción e a continuidade de espacios un desenrolo maxistral introdúcense elementos típicos xa citados como o perpiaño granítico na construcciión dos muros, e o patiño coa sua escada que ao xirar na esquina convírtese en solaina (ou terraza), mentres na planta baixa os muros inclínanse e xunto co voado do forxado xeneran unha imaxe nova do soportal.  Tamén no interior, a galería sufre unha metamorfose situándose como unha línea de vidrio elongada que articula os diferentes niveis da casa mediante unha luz cenital que remítenos á teoría das casas do fume de Iago Bonet.
Tamén de Xosé Bar Boo é a Casa Ferro en Ponteareas (Pontevedra), onde cunha linguaxe completamente actual presenta os elementos descritos anteriormente como típicos da Arquitectura tradicional en Galiza (o patiño de acceso por exemplo). Ademáis, a inxeniosidade do arquitecto concibe un novo uso para as pastas de granito que se extraen nas canteiras da zona dispoñéndoas deitadas de forma que xera muros duns 35 cm de grosor cunha textura moi potente, semellante en certa forma á textura dos aparellos de ladrillo, pero có aspecto tipico do granito de Porriño. Un aspecto novedoso e inxnioso que tamén se pode atopar no deseño estructural da escaleira exterior na que os banzos parecen flotar no ar, xa que non estan apoiados directamente en ningún perfil metálico continuo. Así conséguese unha certa transparencia sen necesidade de utilizar métodos complicados e estridentes. En definitiva, para min esta casa resulta un bo exemplo de síntesis entre tradición e modernidade.
 O terceiro citado, Ramón Vázquez Molezún tén dous exemplos característicos do noso tema. Un é o Refuxio de verán en Bueu, na Roiba, Praia de Beluso (Pontevedra), un exemplo ademais de sinerxia e de como aproveitar como base vellas edificacións para crear magníficas obras perfectamente integradas no entorno (a casa está construida sobre os muros dun alxibe e unhos servicios dunha antigua fábrica de salazón). Aiquí atopamos tamén os elementos típicos como o patiño, a galería e incluso a idea do soportal todo elo nunha construcción de aspecto actual na que a observación atenta e intelixente das preexistencias do lugar constitue a parte principal do proxecto.
E aiquí rematamos este capítulo para empezar xa a pensar no próximo que nos levará aos nosos tempos: O Presente - O Esplendor |