Bandeira: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo
Inicio arrow Historia da Arquitectura Galega arrow O Presente
Luns, 06 de Outubro do 2008

A frase do día: O silenzo do envidioso está cheo de ruidos. (Khalil Gibran)





Menú Principal
Inicio Inicio
Que é ArquitecturaGalega.net? Que é ArquitecturaGalega.net?
Historia da Arquitectura Galega Historia da Arquitectura Galega
Arquivo Arquivo
Banco de Imaxes Banco de Imaxes
Diccionario Diccionario
Adro (Foros de mensaxes) Adro (Foros de mensaxes)
Arquitectura Destrutiva Arquitectura Destrutiva
Ligazós Ligazós
Contacto Contacto
Suscríbete á nosa Lista de Novas Suscríbete á nosa Lista de Novas
Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Taboleiro de Anuncios Taboleiro de Anuncios
Consulta tódalas novas publicadas Consulta tódalas novas publicadas
Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net
Proxecto Asociado a:
CiberIrmandade da Fala CiberIrmandade da Fala
Verbas Dicionario
O Dicionario ten:
319 Verbas en Galego
211 Verbas en Castelán
206 Verbas en Catalán
Total de Ligazós
7 Categorías
91 ligazóns
Quen está conectado?
Temos 1 convidado conectados
PDF Imprimir Correo-e
 


O proceso que comentamos nos anteriores capítulos culminou na actualidade onde xa se pode falar dunha Arquitectura moderna galega cunha importancia capital no panorama internacional, e por suposto tamén a nivel mais ou menos local. Os exemplos son dunha gran calidade e diríxense por diversos camiños partindo do punto común que recupera as características da Arquitectura de sempre xa sexa porque é a millor forma de adaptarse ao entorno o por cuestións utilitarias, cunha intención mais localista ou mas universalista pero o caso é que as diferencias son principalmente de aspecto externo. Si se analizan profundamente os proxectos vemos que son mais as similitudes no realmente importante: os conceptos.

A lista de arquitectos xoves que teñen algo que dicir sobre o tema sería interminable e ademais podríamos engadir alguns arquitectos mais do norte de Portugal que están metidos nun barco co mesmo destiño arquitectónico.

Por elo falaremos en principio de dous arquitectos perfectamente consagrados e herdeiros de Alejandro de la Sota nos seus postulados, como son José Manuel Gallego Jorreto e César Portela Fernández-Jardón.

José Manuel Gallego é a continuación do proceso dentro dunha línea moderna e "lixeira", reinterpretando xestos e en moitos casos estilizando e idealizando elementos estructuras, etc. Combina os materiais tradicionais cos mais actuais sen nengún tipo de prexuizo, pensando quizáis que si eses materiais houberan existido no pasado xa foran utilizados. A cuestion é imaxinarse cómo, e así xurden por exemplo as estructuras murarias de varias capas: unha exterior de pedra, unha interior de ladrillo cerámico e no medio unha lámina de formigón armado, tal como podemos atopar na súa Casa O Carballo en Oleiros (A Coruña), nun xesto que hoxe en día xa aparece noutras obras (por exemplo na Domus da Coruña de Arata Isozaki e César Portela).

Pero non só eso, ademais recupera procedementos dos mestres galeguistas, como por exemplo a creación de fachadas con panos cegos de revoco pintado de branco envoltado por tiras de pedra tan utilizada por Manuel Gómez Román, como podemos ver por exemplo no Museo de Arte Sacro da Colexiata (A Coruña). Así, tamén podemos ver reinterpretacións dos interiores clásicos trasladados no tempo deica os nosos días, eso é para mín a Casa da Cultura de Chantada (Lugo), unha rehabilitación no exterior do edificio e un traballo impresionante de mellora no interior xerando una verdadeira "casa cultural do fume". O espacio interior ten o mismo espírito que as casas tradicionais que tiven a sorte de coñecer. A posición das escadas, a iluminación, todo menos os mateirais (ou a gran maioría ao menos) que nembargantes non desentonan en absoluto. Moita xente en Chantada non sabe ainda a xoia que ten no seu casco vello.

No Museo de Belas Artes da Coruña culmina en certa forma este proceso. O museo debia construirse no vello Convento das Capuchinas, do que só se conservaba a fachada principal e a primeira cruxía, xurdindo un proxecto novo actual lixeiro, de materiais contrapostos, pero totalmente xerado polo edificio existente. Así, o novo edificio aséntase sobre un zócalo de pedra marcado polo vello convento con obxecto de conservar escalas e referencias con respecto a éste. Na misma línea a nova construcción aséntase sobre unha retícula exrada polo vello convento. Sobre o zócalo pétreo, unha caixa de vidrio e paneis sandwich (elementos lixeiros). E no interior, luz cenital e un espacio entre o novo e o vello que articula o conxunto e que ven a ser unha galería das tradicionais xirada de forma que non da a fachada senón á cuberta. O ambiente volve a ser o das casas labregas de calquer pobo de Galiza, con certas similitudes coa Casa da Cultura de Chantada.

César Portela é mais tectónico, pode ser mais ríxido, pero non creo que en ningún caso sexa mais "primitivo" como alguén pode afirmar, e para xustificalo o mellor é empezar polo final. E dicir, pola súa colaboración con Arata Isozaki na Domus da Coruña, onde facendo unha comparación co Palau Sant Jordi en Barcelona podemos ver que a riqueza material, as texturas, a materialidade da Domus só pudo xurdir da man de César Portela. Ainda que non só as formas externas, senon que basta mirar no interior (a iluminación e o ambente interior a min recórdame ao Museo de Belas Artes da Coruña de José Manuel Gallego), ou tamén os arredores do edificio, a súa perfecta entrega co macizo rochoso no que se asenta asó como a maravillosa integración da construcción no seu entorno sexa cal sexa o punto de vista, todo elo xunto coa poética visión de Arata Isozaki. Unha colaboración extraordinaria, e un resultado excelente.

Aparentemente observando o aspecto externo das suas obras, César Portela parece mais ríxido como xa dixemos especialmente en canto á xeometría se refire, pero cando o observador se acerca ao edificio as cousas suavízanse e xa no interior a riqueza espacial e o carácter especial dos ambientes onde a luz natural tratada de diversas formas os define de forma inequívoca fainos ver que non é así. Os elementos son os mismos pero reinterpretados de formas novas, ademais de introducir novos materiais en perfecta conxunción cos antigos.

Un exemplo témolo na Casa Estévez en Salcedo (Pontevedra), unha casa exemplar do que Iago Bonet chama "casas do fume" (incluida como exemplo no propio libro-tesis), na que ademais engádese unha galería moi complexa que é á vez lugar de estancia, acceso, distribución e que se transforma no elemento artellador da casa. A galería é en certa forma un patiño cerrado con vidrio (lembremos cando explicábamos os elementos típicos da Arquitectura galega) de grandes dimensións, ou o que é o mismo: o patiño tradicionalmente exterior pasa aiquí ao interior. Outros xestos indican a actualidade da casa como o uso do formigón nos pilares do soportal baixo a galería así como nos forxados ou ben a colocación das ventás nas esquinas da caixa granítica que é a vivenda lembrando o principio da "ruptura da caixa" propugnado pola Arquitectura moderna.

Ainda mais curioso en canto ao uso de materiais resulta a Casa da Cultura de Cangas onde aparte dos elementos típicos (galería, soportal, etc.) e o xogo de luz que cualifica e da personalidade aos espacios interiores a fachada ten un recubrimento moi especial: cunchas de vieira, un medio eficaz para protexer os muros da humedade e salinidade próximas, así como un inicio de Arquitectura ecolóxica e de reciclaxe que debería ser tida en conta.

Outra das obras que me chama á atención de Portela é o Pavillón de usos múltiples Toga-Mura en Toyama (Xapón) por como un proxecto con elementos típicamente galegos e gracias ao ben facer do seu autor pode convertirse nunha obra de aspecto típicamente local.

E así podríamos seguir falando non só destes arquitectos senón de moitos outros (Alberto Noguerol, Pascuala Campos, Pilar Díez, Andrés Fernández Albalat, Pedro de Llano, Alfonso Penela, Andrés Perea, Xosé Manuel Casabella, etc.) e algúns que xurdirán no futuro con moitas cousas que decir sobre o noso tema e que farán que este pequeno traballo continúe a desenrolarse e quen sabe si acadar certo nivel de importancia e utilidade. Non esquenzamos tampouco os arquitectos doutros intres que tamén colaboran coa súa boa Arquitectura a enriquecer mais o panorama galego, non só coas suas obras senón tamén co seu exemplo. Nomes como Alvaro Siza, Aldo Rossi, ou o citado anteriormente Arata Isozaki e as suas intervencións en Galiza demostran que culturalmente a antigua Gallaecia ainda ten moito que aportar, ainda que algún arquitecto como Jean Nouvel rechazara participar no concurso para a zona portuaria de Vigo por exemplo.

En fin, aiquí rematamos polo momento o noso intento esperando que o encontraras útil, interesante, mellorable... o que sexa. Por elo gustaríame que antes de deixar o teu recorrido por estas as miñas páxinas me deixaras unha mesaxe coa túa opinión ao respecto, ou ben calquera aclaración que desexes ou queiras facer, ou simplemente un comentario de apoio ou non, ou desexo de ler as páxinas noutro idioma, o que sexa. Para elo tés un formulario á túa disposición que poderás enviar por correo-e.




Páxina creada por José Antonio Cidre Bardelás en maio de 1997

Última actualización ( Venres, 17 de Xuño do 2005 )
 
 


Visitas dende o 22/11/1997: 241664


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquil no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5

© 2008 O Sitio da Arquitectura Galega na Rede
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.