Bandeira:
Inicio arrow Consulta tódalas novas publicadas arrow Novas de Arquitectura na Galiza. arrow O Novo Concello de Lalín
Domingo, 23 de Novembro do 2008

A frase do día: Unha necidade repetida por trinta e seis millós de bocas non deixa de ser unha necidade. (A.France)




Ciberirmandade da Fala

Menú Principal
Inicio Inicio
Que é ArquitecturaGalega.net? Que é ArquitecturaGalega.net?
Historia da Arquitectura Galega Historia da Arquitectura Galega
Arquivo Arquivo
Banco de Imaxes Banco de Imaxes
Diccionario Diccionario
Adro (Foros de mensaxes) Adro (Foros de mensaxes)
Arquitectura Destrutiva Arquitectura Destrutiva
Ligazós Ligazós
Contacto Contacto
Suscríbete á nosa Lista de Novas Suscríbete á nosa Lista de Novas
Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Taboleiro de Anuncios Taboleiro de Anuncios
Consulta tódalas novas publicadas Consulta tódalas novas publicadas
Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net
Proxecto Asociado a:
CiberIrmandade da Fala CiberIrmandade da Fala
Verbas Dicionario
O Dicionario ten:
319 Verbas en Galego
211 Verbas en Castelán
206 Verbas en Catalán
Total de Ligazós
7 Categorías
91 ligazóns
Quen está conectado?
Temos 1 convidado conectados
O Novo Concello de Lalín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 de Xuño do 2005
Xa timos (dende fai tempo) resultado do concurso pró novo Concello de Lalín. O que algúns consideran como un "castro pop" e un "proxecto cheo de colorido e optimismo" vai se-lo emblema municipal da cidade do Deza próximamente.

Os gañadores do concurso foron os madrileños Luis Moreno Mansilla e Emilio Tuñón, xurdidos dun grupo dos "millores arquitectos" segundo o alcalde lalinés, prá erguer "un consistorio pra 7 xeraciós, que dure 500 anos" tamén segundo verbas do rector municipal...

No tema económico, cun límite inicial de 6 millós de euros no prego de condiciós do concurso a cantidade foise incrementando ata os 11,5 millós de euros que, ó remate, os arquitectos madrileños cun "gran esforzo" rebaixaron ata os 9,8 millós pra un total de 5.900 m2 (calculando, calculando, saen uns 1661 €/m2 é dicir unhas 276.367 ptas./m2). Con clientes así dende logo da gusto traballar...

No que respecto ó apartado arquitectónico pouco se pode dicir, pois o que trascendeu de xeito público e transfrontereiro é o que podedes observar na seguinte imaxe que ben se pode asimilar máis a un traballo de deseño gráfico que arquitectónico. O programa funcional componse dun aparcadoiro subterráneo, unha zona de atención ó público cunha "xenerosa praza cidadana" a ras da rúa e a dirección e xestión municipais no primeiro andar.


Concello de Lalín

Segundo os arquitectos o proxecto, de 3 outuras e baseado nunha agregación celular, ofrece a posibilidade de "realizar variaciós sen modifica-lo concepto inicial" (o que non queda claro é cal é ise 'concepto').

A prensa especializada califícao de "antimonumental e flexible, na liña da Arquitectura dos 60, e vagamente reminiscente dos castros pre-románs, nunha estructura que aspira a ser un esceario de identificación entre concello e habitantes". Está claro que ainda hoxe unha planta circular segue sendo "reminiscencia" dos castros celtas prá maioría.

A proposta, cumplidora pró xurado coa condición de ofrecer "unha postal de Lalín que permita recoñecelo ó instante" entra claramente por elo na liña das arquitecturas de autor, normalmente espectaculares e sen contido que só ofrecen unha vista impactante, algunhas a nivel de proxecto e outras máis completas a nivel de obra executada. Pode non ser o caso, o tempo definirá se sae da norma ou só se converte noutra marca do depauperado panorama arquitectónico da Galiza, moi visual e pouco consistente.

Outros concursantes foron: MVRDV, Cristina Díaz Moreno e Efrén García Grinda, Soriano e Asociados, Gerardo Ayala, Espejel e Fisac, e finalmente Irisarri e Piñera. Lembremos: segundo o alcalde de Lalín os millores arquitectos do panorama actual (categoría: ego-arquitectura).

Última actualización ( Luns, 20 de Xuño do 2005 )
 
< Ant.

 


Visitas dende o 22/11/1997: 91


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquil no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5

© 2008 O Sitio da Arquitectura Galega na Rede
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.