Fai un tempo Xavier (http://www.concellodesandias.com)
comentoume que sería interesante aproveita-la sección do Banco de
Imaxes pra recopilar fotografías de Arquitectura popular (unha das
posibilidades que propoñía) enviadas polos usuarios deste web, e pra
darlle máis forza á idea envioume unhas cantas imaxes do tema que
tratamos pra inagura-la sección.
A idea pareceume moi boa e por iso agora xa publico o material de
Xavier e fago extensiva a petición de colaboración a tod@s @s que
visitedes estas páxinas por se tides material interesante que pensedes
que pode ser publicado. Podedes poñervos en contacto comigo (a traverso
do formulario de contacto) pra saber como envia-las fotos, documentos,
etc.
Polo de agora podedes ve-las imaxes dispoñibles nas galerias actuais no Banco de Imaxes.