|
Luns, 14 de Novembro do 2005 |
|
Froito dunha suxestión recibida non fai moito por parte dun dos visitantes destas páxinas creamos unha nova sección co obxeto de reflexar as prácticas arquitectónicas destrutivas (fronte ás construtivas) que por desgraza cada día máis vanse apropiando da paisaxe galega.
Comezamos cunha chamada ós/ás usuarios/as pra que aporten material pois sen il pouco poderemos facer. Polo de agora iremos proporcionando o que boamente teñamos: - 14-11-2005: O caso de Pontedeume e un dos que últimamente está máis activo no ámbito reivindicativo por parte dos cidadás. Podedes facervos unha idea no web Preservar o patrimonio artístico e paisaxístico de Pontedeume dende onde se está a traballar pra facer fronte as diversas tropelías que se están a facer por aló. Dende aiquí quero apoia-lo exemplo e animar á xente a que siga o mesmo camiño tomando cartas no asunto. O entorno tanto natural, social coma histórico é de TODOS e TODAS, e por elo a responsabilidade tamén é compartida.
- 28-11-2005: Outro caso (ou caos) curioso é o do barrio ferrolán de Recimil onde estase a amosar que a planificación territorial pasou de ser un asunto técnico a un asunto meramente político, e así van as cousas.
- 03-12-2005: Máis asuntos de urbanismo. En Tui paralizouse o plan de ordeación urbana e a Consellería de Política Territorial iniciou os trámites prá súa suspensión. Máis detalles no Faro de Vigo .
- 03-12-2005: Tamén hai problemas coa ordeación do litoral galego (abonda con botar un ollo) e semella que a intención (esperemos que non quede só niso, e de intención pasen tamén á acción) e tentar atalla-lo problema por parte da Xunta mediante a creación dunha Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, entre outras medidas. Máis detalles en culturagalega.org.
- 03-12-2005: Os noso visitantes tamén opinan. Aiquí timos unha reflexión moi interesante sobre as infracciós urbanísticas de José Gómez.
- 04-12-2005: Tamén de José Gómez son as imaxes dalgunhas actuaciós de dudosa legalidade, e inexistente integración no contexto que poderedes ver nesta páxina .
- 05-12-2005: A cousa vaise agravando e amosando que o asunto non é só responsabilidade de arquitectos (como por outra parte xa sabíamos), como podemos ver nesta nova d'A Nosa Terra.
- 30-12-2005: Hoxe publicamos unha nova colaboración materializada nunha reflexión verbo das relaciós Política-Urbanismo, e o predominio da primeira sobor do segundo.
- 30-12-2005: Máis asuntos de Urbanismo en Pontedeume, con máis material e opinión de José Gómez.
- 30-12-2005: Dende Pontedeume comunicáronos a creación dun novo web expresamente pró colectivo FUSQUENLLA, no enderezo http://www.sospontedeume.com (alí atoparedes detalles como os medios de contacto, etc.).
|
|
Última actualización ( Venres, 30 de Decembro do 2005 )
|