Bandeira: CiberIrmandade da Fala
Inicio arrow Arquitectura Destrutiva
Venres, 29 de Agosto do 2008

A frase do día: A vida é o pouco que nos sobra da morte. (Walt Whitman)





Menú Principal
Inicio Inicio
Que é ArquitecturaGalega.net? Que é ArquitecturaGalega.net?
Historia da Arquitectura Galega Historia da Arquitectura Galega
Arquivo Arquivo
Banco de Imaxes Banco de Imaxes
Diccionario Diccionario
Adro (Foros de mensaxes) Adro (Foros de mensaxes)
Arquitectura Destrutiva Arquitectura Destrutiva
Ligazós Ligazós
Contacto Contacto
Suscríbete á nosa Lista de Novas Suscríbete á nosa Lista de Novas
Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Taboleiro de Anuncios Taboleiro de Anuncios
Consulta tódalas novas publicadas Consulta tódalas novas publicadas
Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net
Proxecto Asociado a:
CiberIrmandade da Fala CiberIrmandade da Fala
Verbas Dicionario
O Dicionario ten:
319 Verbas en Galego
211 Verbas en Castelán
206 Verbas en Catalán
Total de Ligazós
7 Categorías
91 ligazóns
Quen está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Infracciós Urbanísticas en Pontedeume PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 03 de Decembro do 2005
Dende Pontedeume recibimos estas imaxes de José Gómez onde podemos ver un dos (por desgraza) milleiros de exemplos de Arquitectura destrutiva que hai na nosa Terra.
 
O primeiro caso é o do edificio de Caldagueiro, no que a licenza urbanística municipal foi decretada nula por parte da Consellería de Ordeación do Territorio e na que se require finalmente ó Concello a "[...]revisar a licenza outorgada [...] por ser contraria ao ordenamento urbanístico[...]", cando o lóxico sería a paralización inmediata das obras.
 
E un crime destrozar unha paisaxe coma esta:
 Vista previa de Caldagueiro dende a estrada
 
enchufándolle un armatoste pra deixalo así:
Vista actual de Caldagueiro  
 
Claro, que non é o único caso. Na Av. do Dr. Villanueva hai outro ó que corresponden estas imaxes (a normativa urbanística permite construir baixo e dous andares, pero deuselle licenza pra baixo e sete plantas, unha "pequena desviación" como poderedes apreciar):
Avda. Dr. Villanueva  
Avda. Dr. Villanueva  
 
Semella que queren chegar a lúa sen necesidade de implicarse nunha carreira espacial... 
 
E as intenciós proxectuais xa semella que ían por aí, mirade a imaxe do alzado da licenza do "discreto" edificio:
 Alzado Dr. Villanueva
 
O problema está nas proporciós (entre outras cousas). Porque non se atreveron a incluir algunha figura humana que dese idea das mesmas no alzado?. Outro día podemos comentar máis polo miudo. 
 
© José Gómez.
 
Última actualización ( Domingo, 04 de Decembro do 2005 )
 
< Ant.   Seg. >

 


Visitas dende o 22/11/1997: 263448


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquil no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5

© 2008 O Sitio da Arquitectura Galega na Rede
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.