Bandeira: CiberIrmandade da Fala
Inicio arrow Consulta tódalas novas publicadas arrow Novas de Arquitectura na Galiza. arrow Os Arquivos como Fonte de Información e Ideas
Domingo, 23 de Novembro do 2008

A frase do día: Unha necidade repetida por trinta e seis millós de bocas non deixa de ser unha necidade. (A.France)




Ciberirmandade da Fala

Menú Principal
Inicio Inicio
Que é ArquitecturaGalega.net? Que é ArquitecturaGalega.net?
Historia da Arquitectura Galega Historia da Arquitectura Galega
Arquivo Arquivo
Banco de Imaxes Banco de Imaxes
Diccionario Diccionario
Adro (Foros de mensaxes) Adro (Foros de mensaxes)
Arquitectura Destrutiva Arquitectura Destrutiva
Ligazós Ligazós
Contacto Contacto
Suscríbete á nosa Lista de Novas Suscríbete á nosa Lista de Novas
Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Taboleiro de Anuncios Taboleiro de Anuncios
Consulta tódalas novas publicadas Consulta tódalas novas publicadas
Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net
Proxecto Asociado a:
CiberIrmandade da Fala CiberIrmandade da Fala
Verbas Dicionario
O Dicionario ten:
319 Verbas en Galego
211 Verbas en Castelán
206 Verbas en Catalán
Total de Ligazós
7 Categorías
91 ligazóns
Quen está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Os Arquivos como Fonte de Información e Ideas PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 03 de Decembro do 2005

Eu sempre defendín o papel primordial dos arquivos na definición das bases de calquer traballo, non só de restauración, senón tamén de creación pura.

Finalmente semella que pouco a pouco a sociedade en xeral vai desterrando a idea dos arquivos como almacéns de papeis inúteis consumidores de recursos económicos e xeradores de discordia e preitos.

Lembro por exemplo que cando escribía fai xa tempo do Medio Ambiente como concepto no entorno construído dicía:

"Aínda que evidentemente a laboura principal das Administracións é a de control dos procesos que poidan afectar á configuración dese Medio Ambiente do que vimos falando de xeito que eviten en todo momento actividades e intervencións que causen un “impacto ambiental” negativo, o método debería procurar mellor o convencemento denantes que o medo a unha política sancionadora, e para elo é imprescindible dotar ós técnicos e persoas relacionadas cos procesos de intervención con ferramentas e elementos que lles permita un estudio doado e unha resposta axeitada en cada situación. É dicir, hai que facer un traballo de clasificación e organización documental ben sexa de documentos orixinais, ou mellor aínda, de copias accesibles de xeito universal, sen importa-la orixe deles, de tal forma que tódolos concellos poidan ofrecer aquelas relacionadas co seu ámbito e historia. Pero non sería dabondo con ofrecer unha información localizada, senón que debe ser “universal” no máis amplo dos sensos, ou o que é o mesmo, facer uso das novas tecnoloxías que fan máis doado o intercambio de información (redes, bases de datos conectadas coa Internet, dixitalización dos documentos, etc.), ou en todo caso facilita-lo acceso ás fontes necesarias poñendo a disposición pública aquelas que teñan un difícil acceso (por estar en arquivos foráneos, ou por cuestións de propiedade, restriccións de “seguridade”, etc.), pero sempre garantindo a perfecta conservación dos  orixinais, a consulta dos cales non é precisa máis que en casos excepcionais e podendo ser pragmaticamente substituídos por copias de boa calidade. O fin sería que calquer cidadán (non só os técnicos) tivese a oportunidade de acceder á información necesaria por calquer motivo (de intervención, modificación, ou simplemente por curiosidade) de xeito sinxelo e seguro tanto para el coma para os documentos consultados, fomentando así ó máximo a participación cidadá na configuración da súa cidade.

O tema, pois, vai adquirindo pouco a pouco a importancia que ten, e, ollo!, sobre todo no ramo da Arquitectura, onde sen información non podemos ser coherentes. Non hai xenialidade sen traballo e a espectacularidade non é máis que unha gloria efímera.

Interesante niste aspecto a nova de culturagalega.org .

Última actualización ( Sábado, 03 de Decembro do 2005 )
 
< Ant.   Seg. >

 


Visitas dende o 22/11/1997: 90


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquil no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5

© 2008 O Sitio da Arquitectura Galega na Rede
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.