Bandeira: CiberIrmandade da Fala
Inicio
Domingo, 23 de Novembro do 2008

A frase do día: Unha necidade repetida por trinta e seis millós de bocas non deixa de ser unha necidade. (A.France)




Ciberirmandade da Fala

Menú Principal
Inicio Inicio
Que é ArquitecturaGalega.net? Que é ArquitecturaGalega.net?
Historia da Arquitectura Galega Historia da Arquitectura Galega
Arquivo Arquivo
Banco de Imaxes Banco de Imaxes
Diccionario Diccionario
Adro (Foros de mensaxes) Adro (Foros de mensaxes)
Arquitectura Destrutiva Arquitectura Destrutiva
Ligazós Ligazós
Contacto Contacto
Suscríbete á nosa Lista de Novas Suscríbete á nosa Lista de Novas
Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Taboleiro de Anuncios Taboleiro de Anuncios
Consulta tódalas novas publicadas Consulta tódalas novas publicadas
Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net
Proxecto Asociado a:
CiberIrmandade da Fala CiberIrmandade da Fala
Verbas Dicionario
O Dicionario ten:
319 Verbas en Galego
211 Verbas en Castelán
206 Verbas en Catalán
Total de Ligazós
7 Categorías
91 ligazóns
Quen está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Ambiciós do Cemento PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 de Decembro do 2005
Recibimos unha colaboración escrita destinada á nosa sección e Arquitectura Destrutiva na cal abrollan reflexiós interesantes verbo do tema Urbanismo-Política.
 
Xa Goethe defendía nos seus tempos a armonía e respecto entre a cidade e os seus arredores nos que debería brilar a natureza con todo o seu esplendor. Mais está claro que non sospeitaba a depredadora ansiedade de promotores, constructores, especuladores e políticos que nestes tempos que nos toca sofrer acumúlanse "estas facultades" nas mesmas persoas e ademais as exercitan ao mesmo tempo.
 
Da noxo contemplar como a insaciable rentabilidade económica dinamitou o contido ideolóxico dos partidos e os valores que deberían presidir obrigatoriamente as accións dos nosos representantes, prostituindo de esta forma a confianza e responsabilidade que lles depóstiamos cos nosos votos. Da igual quen goberne, TODOS, sempre hai algunha escasa excepción mais eu non a coñezo e asegúrobos que coñezo a moitos, sucumbiron aos cantos seductores do cemento. Ou algún iluminado provoca unha rexeneración, unha catarsis ou os cidadáns remataremos por romper as urnas.
 
As vilas costeiras das Rías Baixas estánse distinguindo como escenario dos axentes urbanísticos que dirixen a sua voracidade e estratexias expansionistas, últimamente disfrazados de desenrolo urbanístico respetuoso coa natureza e boulevares ecolóxicos, estragando con nomes mais demagóxicos e sen que ninguén poña freno a tolería.
 
Seguindo así pronto non quedarán paisaxes que admirar nin vistas que disfrutar, mais todo se fai "polo progreso e polo noso ben".
 
Non se trata de frenar o desenrolo nin frenar as expectativas de progreso, o pérfido da cuestión céntrase na forma en como os portagonistas dinamitan valores como a equidade, a xustiza a honradez... A coalición proomotores-constructores-políticos derivou nunha práctica cada vez mais habitual na que o cidadán normal e enganado, estafado, por mais legalidade que lle ofrezca unha norma que foi convida previamente por aqueles.
 
Podese aceptar que un goberno calquera opte por urbanizar mais ou menos solo, deberían estar as urnas para castigalos* pero o bochornoso e que uns privilexiados poidan comprar terreos clasificados por exemplo de rústicos, protexidos ou agrícolas a prezos irrisorios "pactando" antes a sua recalificación coa "autoridade", circunstancia que non dan a coñecer ao propietario e que lles perimite unha construcción desaforada sen respeto ningún ao equilibrio paisaxístico ao entorno e as actividades económicas, valores naturais, riqueza ambiental e costumes dos veciños, Os alcaldes son expertos en  engaiolar co que o pobo quere oir para unha vez recollida a forza dos vostos emplealos en facer todo o contrario do que se predicou perxudicando a ese mesmo pobo que te votou (esto último non e un insulto, quere decir o mesmo pobo que che dou os votos :)).

A solución está no espertar das conciencias dos cidadáns e  no voto urbanístico mais que no voto urbano, posto que hoxe a política urbanística é o becerro de ouro, de ahí veu o repetir as eleccións na comunicade de Madrid a crise do goberno Psoe-Bng en Vigo e as loitas Boina-Birrete no PpdeG.

* Mais como confiar nun sistema que elixas a quen elixas o cidadán sempre sae perdendo posto que todos terminan por sucumbir a irresistible atracción do cemento, pedindo para elo si fai falla, como se fixo non hai moito, que hai que roubar os votos necesarios, ou en tempos pasados facendo votar aos mortos...
O verdadeiro problema e que hai cargos públicos que se enriquecen ao amparo da sua activida política, posiblemente utilicen formar legais, como eles din. Coa actual Lei de Incompatibilidades, pero non podo estar de acordo en que un cargo público sexa dono ou teña participacións dunha empresa que contrate ou subcontrate coa administración, ou construa no seu propio concello, iso será legal mais non é ético, lícito, nin honrado.
Hai persoas que acceden a política para aproveitarse dela, e para manter o seu poder configuran tramas (políticas, empresariais e especulativas) que aseguren esa fixación no poder, o seu enriquecemento ilícito e o dos seus "amigos" .
A muller do Cesar non só deber ser honrada, tamén debe parecelo. Os nosos "alcaldes costeros" , non soio non parecen honrados senon que ademais non o son, calquera que se interese un pouco en como cocen as cousas urbanísticas en Pontevedra, Poio, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilagarcía .... darase conta que as recalificacións e pelotazos "mais sospeitosos" en todos estes concellos benefician sempre a mesma rede de promotores-constructores, sendo indiferente o color do partido que goberne, levándose por diante nestas actuacións o respeito o medio ambente, o interés xeral e moitas veces o medio de vida dos veciños afectados e as suas propiedades facendo o que se tercie para que estos "empresarios de éxito" e "exemplo de emprendedores" para a sociedade se enriquezcan ilicitamente por medio de recalificacións e tratos de favor aos que o cidadán normal non só non pode acceder, senon que lle toca sofrer.
 
 Pepe Grilo.
Última actualización ( Venres, 30 de Decembro do 2005 )
 
< Ant.   Seg. >

 


Visitas dende o 22/11/1997: 100


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquil no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5

© 2008 O Sitio da Arquitectura Galega na Rede
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.