|
En Pontedeume continúan semella na liña de Urbanismo "con fame", só queda converter en chao urbán o propio mar... José Gómez envíanos os seguintes datos gráficos e comentario:
Semella que non concello de Pontedeume queren poñerse á cabeza de Galicia en infraccions urbanisticas, estando o Plan Xeral en tramite, e lexos da sua aprobacion, o concello esta pendente de conceder licencias para: -
Plan parcial Ombre: 200 vivendas en solo que a dia de hoxe é rustico. -
Plan parcial Nogueirosa: 200 vivendas en solo que tamen a dia de hoxe rústico. -
Plan parcial BER: 350 vivendas situadas en zona de proteccion costeira, invaden totalmente os 200 metros de proteccion de costas. En xeral o Plan Xeral en tramite presenta gravisimas deficiencias, como casi que continuamente as zonas de expansion dos nucleos rurais invaden os 200 metros de zona de proteccion costeira. É mesmo nos casos de os novos nucleos rurais propostos estan en moitos casos lexos da consolidacion do 50% exixida pola lei urbanistica de Galicia do 2002. A situación é extremadamente grave, é dende o concello nos din que "estan moi presionados, e lles esta sendo moi dificil non dar as licencias", increible cando na realidade ao non estar aprobado o novo Plan Xeral, e nin siquiera desafectados os terreos de proteccion costeira, os terreos segun as normas xerais actuais en vigor son rusticos o rustico de proteccion costeira, e polo tanto nin siquiera é legal conceder calqueira licencia neles xa que seran NULAS DE PLENO DEREITO. Case que somos os primeiros de Galicia. Gracias Sr. alcalde. Pontedeume é moito. As imaxes (preme nelas pra velas a maior tamaño nunha nova fiestra): © José Gómez |