|
A recuperación da Arquitectura. |
|
|
|
|
Domingo, 29 de Outubro do 2006 |
|
A recuperación de elementos arquitectónicos singulares tanto dende un punto de vista de restauración coma de rehabilitación debería comportar operaciós accesorias (ou non tanto) de posta en valor de cuestiós relacionadas coa esencia e a vida propia dises elementos que se pretende recuperar. O problema radica en que, en moitas ocasiós, resulta imposible facer unha recuperación completa das circunstancias nas que operaba o elemento no que se centra o traballo por cuestiós obvias de evolución da Historia e da Sociedade de xeito que o entorno vai variando inevitablemente co paso do tempo, mentres que a realidade material e construida non o fixo. Cal é a solución, logo? Pois, sen dúbida, a reinterpretación de todo o pasado e a adaptación ó presente. Tanto do material coma do inmaterial. Potenciando o que aínda ten sentido mesmo se precisa unha orientación diferente e virando o que faga falta pra acada-los obxetivos fixados e a harmonía necesaria que creará un proxecto sostible e, en certo xeito, autosuficiente dende calqueira perspectiva. Un exemplo do que podería ser o que estamos a falar é o traballo resultante da colaboración entre CulturaGalega.org e Xavier Feixoo que deu como resultado “ A ruta dos Irmandiños” nunha perfecta fusión de Historia, Arquitectura, Natureza... o camiño está trazado agora hai que atreverse a seguilo.
|