Bandeira:
Inicio arrow Consulta tódalas novas publicadas arrow Novas de Arquitectura na Galiza. arrow CITUR e A Cidade Perdida
Domingo, 23 de Novembro do 2008

A frase do día: Unha necidade repetida por trinta e seis millós de bocas non deixa de ser unha necidade. (A.France)




Ciberirmandade da Fala

Menú Principal
Inicio Inicio
Que é ArquitecturaGalega.net? Que é ArquitecturaGalega.net?
Historia da Arquitectura Galega Historia da Arquitectura Galega
Arquivo Arquivo
Banco de Imaxes Banco de Imaxes
Diccionario Diccionario
Adro (Foros de mensaxes) Adro (Foros de mensaxes)
Arquitectura Destrutiva Arquitectura Destrutiva
Ligazós Ligazós
Contacto Contacto
Suscríbete á nosa Lista de Novas Suscríbete á nosa Lista de Novas
Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Taboleiro de Anuncios Taboleiro de Anuncios
Consulta tódalas novas publicadas Consulta tódalas novas publicadas
Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net
Proxecto Asociado a:
CiberIrmandade da Fala CiberIrmandade da Fala
Verbas Dicionario
O Dicionario ten:
319 Verbas en Galego
211 Verbas en Castelán
206 Verbas en Catalán
Total de Ligazós
7 Categorías
91 ligazóns
Quen está conectado?
Temos 1 convidado conectados
CITUR e A Cidade Perdida PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 12 de Novembro do 2006
Esta semana timos dúas novas relacionadas con acontecementos que van tir lugar nas vindeiras datas na Galiza relacionados coa Arquitectura e o Urbanismo.
 
Trátase en concreto da presentación o día 17 de novembro do documental ‘A Cidade Perdida’, verbo do Patrimonio Arquitectónico esquecido na cidade de Vigo, que será levada a cabo no Centro Cultural Caixa Nova ás 20:30 h. con entrada ceibe. Podedes obtir máis datos no seu sitio web: www.acidadeperdida.org.
 
Por outra parte, os días 23, 24 e 25 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela o ‘I Congreso Internacional de Territorio e Urbanismo’, do que tamén se poden obtir máis detalles no seu sitio web (www.citur.org ) e nesta mesma nova na que se inclúe de seguido o texto de presentación achegado pola organización do mesmo.
 
Documental A Cidade PerdidaI Congreso Internacional de Territorio e Urbanismo 
 
Texto de presentación do ‘I Congreso Internacional de Territorio e Urbanismo’:
 
“Nun momento no que moitas disciplinas reclaman o control da planificación do territorio, a sociedade nota a ausencia de opinións consensuadas, capaces de definir estratexias que poidan ser comprendidas e se contaxia da permanente dúbida que se extende sobre todos os protagonistas na toma de decisións urbanísticas.

“O I Congreso Internacional de Territorio e Urbanismo nace coa vocación de dinamitar as trincheiras nas que cada un dos implicados na humanización da costa levamos tempo estancados, mirando sempre de reollo ós demáis pero sen manter máis contacto ca o necesario para pedir permisos ou axudas segundo proceda.

“Xurde, pois, co obxectivo de crear un foro de debate sobre dun territorio cunha situación actual que non é tan preocupante coma o seu futuro, xa que nos atopamos nun momento no que o litoral atlántico comeza a posicionarse coma punto de especial interese para inversións inmobiliarias. A presión turística, que só irá en aumento, ofrécenos unha situación inmellorable para comezarr a traballar de forma horizontal a prol dun desenrolo do territorio que busque como obxectivo único a mellora da calidade de vida dos seus cidadáns.

“Quizáis sexa o momento, con argumentos compartidos, de plantexar métodos para combinar o desenvolvemento e a protección do litoral. non debemos voltar a vista atrás, senón comprender a realidade que vivimos e tentar que o futuro da costa non se soterre para sempre porque nos comezos do século XXI algúns mirabamos cara outro lado.
 
Última actualización ( Domingo, 12 de Novembro do 2006 )
 
< Ant.   Seg. >

 


Visitas dende o 22/11/1997: 94


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquil no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5

© 2008 O Sitio da Arquitectura Galega na Rede
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.