Bandeira: CiberIrmandade da Fala
Inicio
Venres, 08 de Agosto do 2008

A frase do día: O amargor ven case sempre de non recibir un pouco máis do que se da. É o sentimento de non facer un bo negocio. (Paul Valéry)




Ciberirmandade da Fala

Menú Principal
Inicio Inicio
Que é ArquitecturaGalega.net? Que é ArquitecturaGalega.net?
Historia da Arquitectura Galega Historia da Arquitectura Galega
Arquivo Arquivo
Banco de Imaxes Banco de Imaxes
Diccionario Diccionario
Adro (Foros de mensaxes) Adro (Foros de mensaxes)
Arquitectura Destrutiva Arquitectura Destrutiva
Ligazós Ligazós
Contacto Contacto
Suscríbete á nosa Lista de Novas Suscríbete á nosa Lista de Novas
Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas Cancela a túa Suscrición á nosa Lista de novas
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Taboleiro de Anuncios Taboleiro de Anuncios
Consulta tódalas novas publicadas Consulta tódalas novas publicadas
Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net Sitio Antigo de ArquitecturaGalega.net
Proxecto Asociado a:
CiberIrmandade da Fala CiberIrmandade da Fala
Verbas Dicionario
O Dicionario ten:
319 Verbas en Galego
211 Verbas en Castelán
206 Verbas en Catalán
Enquisas
Que pensas do estado actual da Arquitectura na Galiza?
 
Total de Ligazós
7 Categorías
91 ligazóns
Quen está conectado?
Temos 1 convidado conectados
540 anos do derrubamento da torre de Sandiás durante a revolta irmandiña PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 22 de Abril do 2007

Xavier Feixoo de http://www.culturapopulardesandias.com/ envíanos iste interesante artigo dispoñible orixinalmente no web oficial do Concello de Sandiás:

540 anos do derrubamento da torre de Sandiás durante a revolta irmandiña (Primavera do 1467).

A Torre de SandiásA torre de Sandiás foi unha das moitas fortalezas galegas que foron derrubadas durante a revolta irmandiña de 1467. Nesta revolta as xentes dos pobos e das vilas rebeláronse contra os ¨moitos agravios, danos e males¨ que recibían desde as fortalezas (¨refuxio de malfeitores¨) dos señores, cabaleiros e prelados. Para iso, organizáronse en Irmandades leais ó Rei, uníndose na primavera de 1467 nunha gran insurrección xusticeira que ía derruba-la maior parte dos castelos e torres que había en Galicia e obrigar a parte da nobreza a fuxir cara a Portugal ou Castela (a primeira fortaleza derrubada foi a de Castelo Ramiro, preto de Ourense, da que se teñen novas que foi derrocada o 25 de abril de 1467). Na primavera de 1469 a nobreza contraatacou vencendo ós irmandiños, facendo reconstruír algunhas das fortalezas ós mesmos vasalos que as derrubaran.

Imos aproveitar esta celebración para dar a coñecer e a difundir, mediante o breve artigo que segue, a historia dun dos monumentos mais emblemáticos e coñecidos do concello de Sandiás: a súa torre. 

A torre do Castro, como é coñecida polos veciños de Sandiás, foi construída sobre un antigo castro que ocupa unha situación estratéxica que lle permitía un control total do territorio. A súa fundación aparece envolta en varias lendas relacionadas, incluso, con Bernardo do Carpio (século IX), aínda que o máis seguro é que fora construída na primeira metade do século XII, formando parte dunha serie de fortalezas (A Pena, Porqueira e Celme) realizadas entre os séculos XI e XII para o control da Limia.

Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia, entre o monarca Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal, o futuro Afonso I de Portugal. No ano 1386 foi asaltada polo duque de Lancaster, pretendente á coroa de Castela. No século XV vai ser posesión de Alonso Pimentel, o conde de Benavente, punta de lanza da nobreza de Castela en Galicia que tamén vai se-lo señor da vila de Allariz, preto de Sandiás. Durante a revolta antiseñorial da primavera de 1467 vai ser derrubada polos irmandiños que estaban a sitiar o castelo de Allariz. A partir deste momento non sabemos se foi reconstruída ou non, posto que algún autor opina que endexamais se reconstruíu, mentres que a maioría deles opina que foi reconstruída polos Pimentel despois de 1469. Algún destes autores chegan a opinar que foi destruído polo famoso Pedro Madruga nas loitas sucesorias (1474-1479) entre os partidarios da irmá do rei (entre eles os Pimentel), a futura raíña Isabel a Católica, e os da filla do rei, Xoana a Beltranexa (apoiada por Pedro Madruga).

Na guerra hispano-lusitana do século XVIII foi punto de concentración de tropas para a súa posterior distribución a diferentes puntos da fronteira durante un episodio da Guerra de Sucesión Española (1704 -1715). Foi posesión das máis poderosas familias da provincia. Hoxe só queda parte da torre da homenaxe, na que se poden admira-los seus grosos muros. Constaba, ademais de soto, de 3 pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia Alta.

Como chegar: A torre de Sandiás é unha das imaxes máis coñecidas da provincia de Ourense, por atoparse no alto dun outeiro moi preto da autovía A-52. Para chegar ata ela hai que saír na Saída 202 (Sandiás) desta autovía e seguila estrada N-525 ata o pobo de Sandiás; desde alí tense que cortar á esquerda cara ás Pegas e segui-los indicadores ata a aldea do Castro. Ó chegar á última casa só teñen que dar un pequeno paseo ata chegar á torre.

Para ver fotografías da torre de Sandiás podes visita-la Galería de Imaxes da web de Cultura Popular do Concello de Sandiás: http://www.flickr.com/photos/limiao/

Última actualización ( Luns, 14 de Maio do 2007 )
 
Seg. >

Últimas Mensaxes do Adro
Ligazós ó Chou:
A República dos Sonhos  Cadernos de Fraseoloxía Galega 
Biblioteca Virtual Galega  Vigo. Arquitectura Histórica 
COAC  etsaweb - A web da etsaB 
As Ligazós Máis Recentes:
Tablestuy  Embarbox. Embalajes Armando 
Libraría a súa medida, para o mundo  Aquatic. Construcciones deportivas 
Construmat  ENLLAVE (Constructora Digital) 


Anuncios
Ciberirmandade da Fala
Fala Ceive
CulturaGalega.org
Non se puido conectar co fluxo de www.culturagalega.org
Mancomun.org
Non se puido conectar co fluxo de www.mancomun.org
InfoRosal
Sindicación con ArquitecturaGalega.net
Se queres sindica-los nosos contidos usa as seguintes ligazós:


Visitas dende o 22/11/1997: 258108


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquil no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5

© 2008 O Sitio da Arquitectura Galega na Rede
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.