Na liña do traballo sobre o Patrimonio Cultural Galego-Portugués que Ponte... nas ondas! ven desenvolvendo dende fai anos, nesta edición preténdese abordar unha reflexión sobre a identidade e o territorio. Pra iso, contarase coa colaboración do ProxectoTerra do Colexio de Arquitectos da Galiza que está a facer un importante labor niste ámbito dende fai tempo.
As actividades a desenvolver serán variadas e están abertas á participación de todos e todas. Dende organizar traballos e eventos relacionados co tema da identidade e o territorio nos centros de estudo, ata a elaboración de programas radiofónicos ou documentais en vídeo que poderán ser enviados denantes do 30 de abril e serán emitidos o día 6 de xuño a traverso da Internet.
O prazo de inscrición remata o 15 de marzo. Podedes obtir máis información no web de Ponte... nas ondas!.
Última actualización ( Domingo, 15 de Xuño do 2008 )