|
O grupo de arquitectura tradicional galega do Flickr acada as 500 fotos |
|
|
|
|
Domingo, 13 de Abril do 2008 |
 Os traballos de recopilación de imaxes de arquitectura tradicional galega contan cun novo fito na rede. En concreto, no grupo de arquitectura tradicional galega do Flickr artellado e xestionado por Xavier ( www.culturapopulardesandias.com) xa se superaron as 500 fotos. Iste é un grupo aberto a incorporar imaxes do noso rico patrimonio arquitectónico tradicional (airas/eiras, alpendres, alvarizas, batáns, capelas, casas-vivendas, cerres, chozos, curros, fabricas de curtidos, ferrerías, fontes, fornos, hórreos, etc.). Podedes visitalo en: http://www.flickr.com/groups/arquitecturatradicionalgalega/.
|
|
Última actualización ( Domingo, 13 de Abril do 2008 )
|