|
A frase de hoxe: 20/01/2005: Engadido un traballo que presenta unha Hipótese sobre o posible emprazamento dun recinto romano urbán en Vigo. En principio é só unha presentación inicial á espera dun posterior desenvolvemento. 09/12/2004: Coarta entrega do Caderno de Pensamento e Cultura nº 28 d'A Nosa Terra. Decálogo para un urbanismo sostíbel na construcción da Galiza urbana. 30/09/2004: Terceira entrega do Caderno de Pensamento e Cultura nº 28 d'A Nosa Terra. Un estudo da vivenda rural na Galiza contemporánea. 12/09/2004: Segunda entrega do Caderno de Pensamento e Cultura nº 28 d'A Nosa Terra adicado á Arquitectura. Seguirei engadindo o resto en posteriores entregas a medida que o tempo o vaia permitindo. 11/09/2004: Primeira entrega do Caderno de Pensamento e Cultura nº 28 d'A Nosa Terra adicado á Arquitectura. Irei engadindo a totalidade do mesmo en posteriores entregas a medida que o tempo o vaia permitindo. 09/09/2004: Engadido un pequeno traballo monográfico da Casa da Cultura de Chantada solicitado por un dos nosos visitantes. 13/05/2004: Engadidas duas novas fotos ó traballo encol do Medulio de Orlando Álvarez. 01/01/2004: Un pequeno aviso: cando enviedes mensaxes a través do formulario de contacto lembrade que se queredes recibir resposta ou ser engadid@s á lista de notificaciós de novidades tides que deixar un enderezo de correo-e, senón, evidentemente non poderei nen respostar nen notificarvos as novidades. Se alguén enviou consultas e non recibiu resposta é por falla do enderezo. Se pode agradeceríalle que voltara envia-la mensaxe pero con remite. Gracias. 01/01/2004: Engadimos un traballo de Orlando Álvarez ó apartado de colaboraciós. Unha hipótese sobre a localización do Monte Medulio. 01/01/2004: Timos unha novidade editorial no mundo da Arquitectura Galega: 01/01/2004: Lembrade que se queredes estar informad@s por correo-e das novidades que vaian xurdindo nestas páxinas non tides máis que ir ó apartado de Contacto - Notificación de Actualizaciós e introduci-lo voso enderezo marcando a opción de recibir novas e logo premendo enviar. 01/01/2004: Engadido un apartado de Arquivo con documentos encol do tema arquitectónico. 01/01/2004: Reposto o resumo da Historia da Arquitectura Galega. Un traballo dos inicios destas páxinas. Así coma (xa fai tempo, e vai medrando, pero sempre millor é avisar tarde que nunca :-) ) o Diccionario Interactivo de Arquitectura e Construcción incluindo tamén unha escolma de medidas tradicionais así coma as súas equivalencias aproximadas coas actuais. 01/01/2004: Novo contido: un vello traballo do autor encol do concepto do Medio Ambiente Histórico e Social. O traballo, como todo o contido das páxinas de Arquitectura Galega ofrécese baixo licenza Copyleft Lembrade que podedes participar, ofrecer opiniós, facer peticiós, etc. nos foros do Adro da Arquitectura. Un sáudo a tod@s. Copyleft José Antonio Cidre Bardelás - Arquitectura Galega. |
